Lun, 11 Set 2006, 11:18
Asunto: Carreira rompepernas
Vaia carreira meus!!
Tocaba finde en Coruña e aproveitamos para ir dar un paseo polas mariñas. Non custou nada chegar e por un camiño ben bonito. Cada ves menos vacas e máis chalés, algún ben hortera.....pero temos ben máis polas rias baixas....
Chegamos puntuais.
Collamos número...home! este é de pegar... pero non creo que aguante moito co suor, mello enganchalo.
Cafe (ela) e algo de líquido (eu) e baño.
Volta ao coche, uniforme de correr, zapas ( mi madriña! que porcas se poñen as NB....) e ala a quecer un chisco. Ela no coche cos pés en alto, xa van oito meses e a retención de líquidos cada vez é maior, vemonos na meta.
Quecer e para a saida, @s meniñ@s saen puntiais. Outro pis e a buscar a sombra, non hai que sudar demais antes da saida.
Saimos, baixada brutal inicial, máis de quilómetro e medio até o túnel e o xabre. Pareciamos canguros. En sempre deixo ir, saenche todos demasiado rápido, cando comezas adiantalos escoitar unha respiración brutal, se xa respiran así na saida....como van chegar?. Despois da baixada vou adiantando a un tras outro. Na metade os postos van máis estables. E xa se vía a burrada que iamos ter que subir.....
Subidas e baixadas, xabre, terra e asfalto. Rompe patas.
E chega o pero, a subida final. Parece que non remata nunca. Pero sigo adiantando a algún máis. Consigo chegar cun tempo digno, 20:38 (3:53 Qm).
Pensei que poderia baixar de 20´(3:46 Qm). Pero non contaba eu con tanta subida final. Menos mal que combino nos entrenamentos todos os firmes e en Vigo non é dificil atopar costas, non si?.
Chegamos, trote para baixar as pulsacións.....e piscina!!!!!
Unha mañá de domingo estupenda, e supoño que se remataran as viaxes até que naza o bicho, e non creo que poida disfrutar da media de pontevedra. Saimos de contas o 30..... Na próxima carreira desprazaremonos tres.
Saud@s a tod@s