Ven, 09 Xul 2010, 8:14
Asunto: Re: II Travesía a nado en Bueu
Hola,
1. Existen varias distancias:
Da praia de Ancoradouro Percorrido 7000 mts aprox.
Das praias de Mourisca ou Tuia . Percorrido de 4430 mts aprox.
Da Praia de Beluso. Percorrido 1690mts aprox.
2.
O percorrido estará balizado.
3.
Haberá avituallamento durante a proba (bebida enerxética, plátanos, etc)
4.
É obrigatorio o uso do neopreno.
5.
Haberá kaiaks, zodiacs e distintas embracacións para garintazar as medidas de seguridade e poder asistir ós nadadores de forma inmediata ante calquera circunstacia.
6.
Quedarase as 9:00 h no centro social do mar de Bueu para ter unha pequena reunión informativa e para darvos os gorros e as bolsas (para a roupa) cos dorsais de cada un.
7.
O rematar a reunión subiremos o autobús para que nos deixe nos diferentes puntos de saída (Ancoradouro, Morisca e Tuia). A roupa a deixaredes no autobús e recollerase na zona de control da chegada.
8.
Poderedes deixar o coche no aparcadoiro do Centro Social do Mar, a 300 m da chegada (Praia de Pescadoira).
9.
O rematar o que o desexe pode ir o Pavillón Municipal a ducharse con auga quente.
*
Recoméndase puntualidade.
Para resolver calquera dúbida podesdes charmar o teléfono 986324338 (de 9:30 a 14:00 h) e preguntar por Pablo Herbello.
Ah, última cuestión, necesito que me confirmedes a distancia que vades a nadar xa que teño só os datos personais.