Ven, 20 Ago 2010, 10:47
Asunto: Re: IV Carreira de montaña Cañón do Sil
xan, non sabes onde te metes!!!
A de
33km Parada é unha das carreiras de menos de 42km
mais duras de España (coef 69). Mais de
1600m desnivel acumulado dos que
845 son subindo.
Coma sabes son desas fermosas terras:
..pero na carreira pensarás estar no inferno
, i eso que na curta non realizades a primeira subida compreta nen o ascenso a Monte Meda
En fín, centrémonos na curta, tan "soio" 16,3km
A primeira subida escomenza ó carón do meu pobo,
Rabacallos, durísima, xa o veras, por camiños de cabras e xestas, e remata na aldea de
Entrambosríos.
Ate
Teimende e Requián o percorrido non é compricado (a parte técnica de baixada realizarémola os da "larga" ). En
Requian os da larga arrancaremos a subida a
Monte Meda, pero os da curta colledes camiño de
Caxide (onde reengancha posteriormente o percorrido da larga) pra descender ate o fermoso
Mosteiro de Santa Cristina de Ribas do Sil e atacar a subida final da proba (ollo co arranque da subida,
rampas do 40%)
Aproveita o día pra visitar os fermosos paraxes da zoa, unha aperta