Mar, 03 Ago 2010, 16:36
Asunto: Re: Triatlón de Cambados
Hola, uns detalles... si a natación é nun porto non hai problema coa area nos pés, si é en praia eu recomendaría ter unha palangana cun pouco de auga para limpia-los pes antes de poñer os calcetins.
A estas alturas xa saberedes tod@s que dentro da zona de transición non se pode estar en riba da bici pero que hai que ir co casco posto.
A mellor opción para o dorsal é o da goma (mercádea nunha lencería, que vos quede xusta para que non caia) si se nada con neopreno, pero nunha distancia tan curta en mar... si non se está moi afeito penso que se perde tempo quitando o neopreno así que eu supoño que nadarei con malla e con ela farei o resto da proba poñendo o dorsal na camiseta que terei que por ó montar na bici.
Non me inscribin aínda porque non sei si terei bici para a data...rabeo por facer aun trialonciño ainda que sexa pequeno.
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html