Pipe escribió: |
Luisiñono... vexo que a cea dos Jastazocas foi ben... que queredes repetir, e ó grande! É unha boa idea. A data, hora e lugar nunca vai ser do agrado de todo o mundo, xa que moitos terían que se desprazar para asistir a ela. Podía ser bo facela coincidir cunha carreira... Pero, persoalmente, creo que o mellor é escoller un sitio ben situado, con autovías e carreteiras que cheguen sen dificultade, que teña unha representación grande de corredores... incluso podería ser a localidade que gañe o circuito "Entre localidades"... ou a segunda na lista: Ourense ou Vigo ¿que vos parece? sobre todo os de Coruña e Ribadeo que estades máis alonxados ![]() |