Mér, 29 Set 2010, 14:29
Asunto: Re: 4 millons de parados
Bueno, hoxe é o día da Folga, estamos a mediodía e xa teño claras as conclusións do día de hoxe:
Temos o País que nos merecemos... Nin mais nin menos.
Fun á manifestación a Lugo, e o primeiro é que me da vergoña ver os sindicatos facendo cada un a guerra pola súa conta. Pero iso xa é cuestión de política, e pódenlle dar a cada sindicato por onde se enfían as agullas. Nembargantes, a gran masa de xente, moitos deles en paro ou con familiares en paro, pasan de todo. A verdade é que estou estupefacto. Ata ese punto chegou a sociedade de hoxe en día, uns auténticos chupópteros e acomodados que viven moi ben das rendas que estaban a dar as loitas sindicais dos anos 70 e 80. O espíritu de loita perdeuse hai moito tempo. E non fan mais que queixarse
'Que mal está todo', pero non van á folga dicindo
'E que, cos tempos que corren, non se pode perder un día de soldo'. Que desfachatez!!! Hai que ter mais cara que espalda!!! Queren que outros traballen colectivamente por eles, que se mollen e den a cara, para despois vir a recoller os beneficios. Que País mais insolidario, que auténtica pena de Terra. Pobre Galiza, que xente che tocou..!!
Pola miña banda, empezo a pensar que aínda hai pouco paro. Ten que haber 10, ou 15 ou 20 millóns de persoas sen traballo. Daquela todos eses poderán ir á folga sen perder un día de soldo.