Ven, 06 Ago 2010, 16:57
Asunto: Re: Cross de Veran BROÑA 2010
bueno jesusb, ahi te va la informacion que pides
AA.VV. “ O PEDREGAL” DE SAN COSME (OUTES)
O CROSS DE VERÁN DE BROÑA (11 de setembro de 2010)
REGULAMENTO
1º. A proba de prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. A proba de xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto sinalado pola organización(o circuito é mixto: terra-asfalto).
2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.
3º. A clasificación será por categorías.
4°. As inscricións poderanse facer na páxina Web
sites.google.com/site/carreirabrona ,no e-mail carreirabrona @ gmail.com , no FAX 981 765 207 e no teléfono 981 855 800, ate ás 14:00 horas do venres día 10 de setembro do 2010. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede) Inda que se admitirán inscripcións que non poidan facerse ate as fechas indicadas ate media hora antes de cada carreira para aqueles participantes que non poideran facelo antes prégase que as mismas se realicen antes para evitar apuros de última hora.
5º. Os participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.
6°- Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.Os corredores que cheguen á meta sen o seu dorsal serán automaticamente descualificados.
7°- A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O non recollido nel resolverase segundo o criterio da organización e as súas decisións serán inapelables.
8°- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir as/os participantes nestas probas por calquera incidente fortuíto durante o seu desenvolvemento.
9°- Aínda que a proba sexa de carácter estrictamente deportivo e popular admitiranse reclamacións, pero espérase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todas e todos os participantes.
10°. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o dobre do tempo empregado polo vencedor.
11° Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderá descualificar os participantes que cometan algunha irregularidade.
12°. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos corredores inscritos en cada unha das categorías.
13º. A entrega de trofeos farase ao rematar a proba.
14º. E de obrigado cumprimento acudir o protocolo da entrega de medallas na categoría individual por parte do atleta premiado. En caso contrario o atleta non recibirá as medallas ou trofeos.
RETIRADA DE DORSAIS
- Na mesa de control da organización situada no circuíto ata media hora antes de cada carreira.
CATEGORÍAS E HORARIOS
CATEGORíA ANO NACEMENTO HOMES MULLERES DISTANCIA
Prebenxamíns 2003 e seg. 11:00 h. 11:05 h. 150 metros
Benxamíns 01-02 11:15 h. 11:20 h. 1.000 metros
Alevíns 99-00 11:30 h. 11:35 h. 1.000 metros
Infantís 97-98 11:45 h. 11:50 h. 3.000 metros
Cadetes 95-96 12:00 h. 12:10 h. 3.000 metros
Xuvenil/Xunior do 91 ao 94 12:20 h. 12:20 h. 7.000 metros
Promesa/Senior do 76 ao 90 12:20 h. 12:20 h. 7.000 metros
Veteranos do 69 ao 75 12:20 h. 12:20 h. 7.000 metros
Superveteranos do 68 e anteriores 12:20 h 12:20 h. 7.000 metros
espero que sea de vuestro agrado esto es el reglamento que en unos dias estara expuesto en el calendario,
referente a lo de mi lesión espero ir poco a poco mañana va a ser el segundo dia de trote ya te ire informando, si todo va bien espero hcer la presentación en la carrera de broña este año haver como salen las cosas
un saludo a todos de sheif