Cita: |
PRESENTACIÓN Preséntovos unha proba para os amantes da natureza. Terá lugar o 21 de agosto do 2010. A súa beleza foi o que me tentou para organizala, ademais das miñas raíces nese mundo rural. Nun medio natural coido que inigualable, poderedes vivir unha xornada de deporte, de observación da paisaxe, de construcións típicas, etc. As dúas opcións das que poderedes elixir unha serán a andaina e a carreira. En ámbalas dúas non haberá clasificacións nin trofeos xa que é unha proba non competitiva na que cada un tentará de superarse asimesmo nun percorrido de dificultade media-baixa no que tan só aproximadamente 3 km son de pistas asfaltadas, os 11 km restantes transcurren por sendeiros e camiños de monte. No track da proba, por problemas técnicos, falta a traza dos últimos 3 km. Este percorrido transcurre nunha subida prolongada que non chega ao km. A partires deste punto ( Pena do Teixo) todo o trazado é tirando cara abaixo. Ao final da proba teredes cadanseu recordo e cadansúa bolsa de avituallamento. Tódalas condicións da proba véñenvos de seguido. Tamén vos pediría un pequeño favor: Se vides, gustaríame escoitar a vosa opinión e mellorar. Se non vides por calquera circunstancia, gustaríame saber da vosa opinión sobre a idea Un saúdo e agardo vervos. Manuel Bouza, organizador |
Cita: |
Tamén vos pediría un pequeño favor: Se vides, gustaríame escoitar a vosa opinión e mellorar. Se non vides por calquera circunstancia, gustaríame saber da vosa opinión sobre a idea |