Mar, 31 Ago 2010, 15:28
Asunto: Re: Morreu Fignon
Bueno... Ante todo, sinto a morte de Fignon coma a de calquer outra persoa que loite contra isa enfermidade. Descanse en paz
Dende logo foi un ciclista moi peculiar e moi querido en Francia por ser o último corredor gañador que tiveron. Recordo aínda a emocionante contrarreloxo de París do ano 89 na que perdeu o Tour no último momento a favor de Greg Lemond, o americano que estaba na súa segunda xeira no Tour tras recibir accidentalmente un tiro.
Nembargantes, na miña opinión non era 'o bo de Fignon', posto que os que temos algúns aniños recordamos cómo as gastaba... Ese calificativo iríalle moi ben a outros, pero non é apropiado para Fignon (polo menos, non en canto á imaxe pública que deu no ciclismo).