Mar, 31 Ago 2010, 18:02
Asunto: Re: XII CARREIRA POPULAR FESTA DO MARISCO 26-09-2010
Por fin, ha salido del "horno" el Reglamento definitivo de esta Carrera.
Espero que podáis venir a los que os apetezca.
Un cordial saludo.
XII Carreira Popular "Festa do Marisco"
"V Encontro Galáico-Portugués"
O Grove (Pontevedra) 26 de septembro de 2010
Distancia: 6.220 metros
ORGANIZA: Concellería de Deportes y ADM (Asociación del Deporte Meco)
PATROCINAN: Concellerías de Turismo e Deportes (Festa do Marisco)
COLABORAN: "Mariscos Jacobo", "Amegrove", "Remagro", "Acquavisión Galicia", "Clínica Venturiña", "Hotel Louxo La Toja", "Gran Hotel de la Toja", "Adegas Lagar de Rey" e "A Traíña".
DATA DA CELEBRACIÓN: 26 de setembro de 2010
HORA DE COMEZO: Ás 10'30 horas comezarán as categorías inferiores.
DISTANCIA: 6.220 mts. aproximadamente.
SAÍDA DA PROBA: Paseo Marítimo de Beiramar (A saída está situada o lado da estación de autobuses de O Grove)
INSCRIPCIÓNS: Para todas as categorías as inscripcións realizaranse a través da páxina web
www.cronotec.es , indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono, dirección, clube ou lugar de procedencia, antes do venres 24 de setembro ás 20'00 horas.
Teléfono de información: 627.59.73.23
ENTREGA DE DORSAIS: O día da carreira a partir das 09'00 horas no Pavillón de Deportes Náuticos, (ata media hora antes da saída).
CARACTERÍSTICAS DO CIRCUITO: A diferencia do ano anterior, o percorrido é mixto: comeza sobre asfalto, continúa por terra (polo Monte Central), e remata sobre asfalto novamente. O circuito é en un 80% sobre terreno plano, a excepción do tramo a percorrer no Monte Central, e dará unha volta completa pola Illa da Toxa.
SERVIZO DE DUCHAS: Haberá servizo de duchas á finalización das probas no Pavillón de Deportes Náuticos.
PREMIOS:
Recibirán un trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría, dende "infantil" ata "veterano". As categorías dende "prebenxamín", "benxamín" e "alevín" recibirán medalla tódolos participantes.
- Poderase soliciar ós participantes que mostren o seu DNI para o cobro dos premios monetarios.
CINCO PRIMEIROS DA CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA
1º) 150 Euros + dúas noites para dúas persoas en Hoteis "Louxo La Toja" (4 estrelas) e "Gran Hotel de la Toja" (5 estrelas) + 10 kgs. de mexilón de "Amegrove" + un estoxo de viño Albariño "Adegas Lagar de Rey".
2º) 100 Euros + patela de mariscos de "Mariscos Jacobo " + 10 kgs. de mexilón de "Amegrove" + un estoxo de viño Albariño "Adegas Lagar de Rey".
3º) 50 Euros + patela de mariscos de "Remagro S.A." + 10 kgs. de mexilón de "Amegrove" + un estoxo de viño Albariño "Adegas Lagar de Rey".
4º) 30 Euros + mariscada para dúas persoas en restaurante "A Traíña".
5º) 15 Euros + un vale de consumición de productos na "Festa do Marisco".
- Trofeo ós tres primeiros e primeiras atletas locais. (Deberán rexistrarse como residentes no Grove á hora de realizar á inscripción.)
- O primeiro e primeira atleta local recibirá como premio un bono para dúas masaxes a realizar en "Clínica Venturiña" e un bono de consumición para a "Festa do Marisco".
- Trofeo para o primeiro e primeira atleta portugués + invitación para dúas persoas para unha viaxe no barco "Acquavisión Galicia".
- Trofeo para o/a atleta de maior idade + invitación para dúas persoas para unha viaxe no barco "Acquavisión Galicia"
REGULAMENTO XERAL
1º) As inscripcións para a carreira deberanse realizar nos prazos sinalados.
2º) Os dorsais deberán ser colocados no peito para sua identificación durante a proba e a chegada.
3º O dorsal recollerase o día da proba no Pavíllón de Deportes Náuticos, no horario sinalado para tal efecto.
4º) Ao longo dos percorridos, a Organización establecerá os controis que estime oportunos. Estes controis poderán ser fixos ou móbiles, estando autorizados para descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade ou atenten contra a seguridade colectiva durante a proba.
5º) O dorsal deberá ser devolto antes de saír da zona acoutada detrás da liña de meta. A Organización colocará un posto para que se efectue esta devolución.
6º) A Organización nos se fai responsable dos danos físicos ou morais que puideran sofrir os participantes, antes, durante, e despois da carreira.
7º) O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
Evento publicado en Faceebok:
www.facebook.com/event...1554524504