Lun, 30 Ago 2010, 20:29
Asunto: Canicross Boimorto, 19 setembro 2010
Outro ano mais comeza a tempada galega de canicross en Boimorto.
Para o que non coñeza o percorrido, decirlle que combina asfalto e camiños moi sombreados, e que son 3,1 kmts moi rápidos.
Espero que aumente o número de participantes, e pasalo todos ben.
O que lle queden folgos, logo pode dobrar e competir na pedestre.
Tras o estío, xa compre ver de novo os Berta, Dalí, Yako, Yaco, Hera, Atila, Leo, Lana, Klaus, Area, Toxo, Anubis, Oso, Nai-Lua, cos seus correspondentes guias de duas patas.
Dende Boimorto temos a Todd conmigo e a Maya co Evarist.
¡ Vémonos logo na miña terra, compañeiros !
o mais rápido dos gordiños
CLUBE ATLETISMO BOIMORTO