Foros ›
1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembro
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
moraña

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/09
0 Carreiras
36 Mensaxes
Santa Xusta de Moraña
Respostar citando Envío Mér, 08 Set 2010, 8:15
Asunto: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembro

O día 26 de setembro celébrase en Moraña (Pontevedra) a 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña, tal e como xa está reflexado no Calendario.
Queríavos pasar a información máis pormenorizada do evento, para animarvos a participar nela eaxudarnos a correxir eivas e fallos, que de seguro imos ter, posto que é a primeira vez que organizamos un evento destas características.
A inscrición para a proba absoluta hai que facela a través de championchip, tamén temos unha páxina en contrucción: sites.google.com/site/opetouto/, e o correo da organización opetouto @ gmail.com.
Como ben vedes a carreira tamén está incluída no circuito 2010-2011 de Correrengalicia.
Nada máis. Para calquer dúbida aquí estaremos para tratar de solventala.


O Regulamento é o seguinte:

ARTIGO 1.- PRAZO DE INSCRICIÓN
As INSCRICIÓNS das Carreiras nas categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete faranse a través do correo electrónico opetouto @ gmail.com ,dos teléfonos 986 552809, 660371493; por fax 986 553042; ou de maneira presencial nas dependencias da Biblioteca municipal de Moraña e a partir do 20 de setembro na Casa de Concello de Moraña; facendo constar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, D.N.I., localidade de procedencia, clube (se pertence a algún) e teléfono.
Nestas categorías admitiranse inscricións o día da proba até as 11:15 horas da mañá.

Para a Carreira Absoluta (de xuvenís en diante), as inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com onde se lle indicarán os pasos que deberán efectuar para formalizar a inscrición*rematando o prazo da inscrición o xoves 23 de setembro de 2010 ás 22:00 horas.
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DO PRAZO ESTABLECIDO.

Os dorsais e os CHIPS de cronometraxe de Championchip recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Pavillón Municipal de Moraña (a carón da SAIDA) ata MEDIA HORA antes do inicio da proba correspondente.

Para máis información, poden consultar a páxina web da Asociación deportivo cultural “O Petouto”: sites.google.com/site/opetouto/

ARTIGO 2.- PARTICIPANTES e HORARIOS:
Poderán tomar parte nas mesmas todas as persoas que queiran sexan federados ou non, haberá unha soa clasificación conxunta e por categorías.
As carreiras das categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete terán lugar a partir das 11:30 horas do domingo 26 de setembro.
A proba absoluta celebrarase o mesmo día 26 de setembro ás 17:00 horas.

ARTIGO 3.- DESCALIFICACIÓNS :
- Por deterioro físico do atleta .
- Por abandono do circuito delimitado para a proba.
- Por non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito durante todo o percorrido), sen poder facer ningunha modificación sobre el, ata a entrada na Meta.
- Por participar cun dorsal que corresponda a outro corredor, por participar con máis dun dorsal.
- Por realizar a inscrición con datos alterados.
- Por no atender as indicacións da Organización ou xuíces.
- Por entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
- Na proba absoluta non estará permitido o acompañamento dos/as participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación instantánea dos/as atletas acompañados.
- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe entregado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.
- A decisión sobre a posible descalificación do atleta, será adoptada pola Organización da Carreira polas circunstancias antes mencionadas e dita decisión será irrecurrible. Para calquera outra cuestión haberá que dirixirse por escrito á Organización da Carreira.

- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

- A organización e as/os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a eles mesmos ou a outras persoas ocasionen os/as participantes nas carreiras.

- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento


ARTIGO 4.- CATEGORÍAS:

Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas.

CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA DA PROBA
PREBENXAMÍN 2003 e posteriores 400 metros
BENXAMÍN 2001-2002 800 metros
ALEVÍN 1999-2000 1000 metros
INFANTIL 1997-1998 3000 metros
CADETE 1995-1996 3000 metros
XUVENIL 1993-1994 9.700 metros
XUNIOR 1991-1992 9.700 metros
PROMESA 1988-1990 9.700 metros
SENIOR 1975-1987 9.700 metros
VETERÁN A Nados entre outubro de 1975 e 1970 9.700 metros
VETERÁN B Nados entre 1969 e 1960 9.700 metros
VETERÁN C Nados entre 1959 e 1950 9.700 metros
VETERÁN D 1949 e anteriores 9.700 metros



A liña de Saída e de Meta estará situada na Rúa 7 de Santa Lucía de Moraña, preto do pavillón municipal.

ARTIGO 5.- TROFEOS E AGASALLOS:
- Haberá importantes trofeos para os tres primeiros clasificados masculino e feminino de cada categoría.
- Haberá un trofeo para a/o mellor corredor/a de Moraña en cada categoría.
- O trofeo de gañador/a das categorías promesa, senior, veterán A, veterán B, veterán C e veterán D; tanto masculino como feminino; consistirá nunha obra de pedra de grande valor feita polo escultor local “Fontecha”
- Todos/as participantes nas carreiras de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete; recibirán unha medalla de agasallo.
- Todos os/as participantes que cheguen á meta na carreira grande, recibirán unha camiseta de agasallo.
- Ao remate de cada carreira os/as corredores recibirán avituallamento sólido e líquido a cargo das empresas colaboradoras: Coca-Cola e froitería M y M.
- A organización poñerá a disposición dos/as corredores que o precisen un servizo para gardar a roupa, e os vestiarios e duchas do pavillón municipal (sito na Rúa 7 de Moraña).
ARTIGO 6.- PREMIOS ESPECIAIS
Haberá dous trofeos destinados para o corredor e a corredora máis lonxevos que participen na carreira grande que cheguen a meta dentro do tempo límite (home e muller).
ARTIGO 7.- PUBLICACIÓN DAS CLASIFICACIÓNS:
As clasificacións das carreiras serán publicadas por internet na páxina:
www.championchipnorte.com.
Asemade faranse públicas a través da páxina web do concello de Moraña www.morana.org e da Asociación deportivo cultural “O Petouto” sites.google.com/site/opetouto/.

ARTIGO 8.- ENTREGA DE TROFEOS
A entrega de Trofeos das carreiras que se disputen pola mañá realizaranse unha vez rematada a carreira da categoría cadete, diante do pavillón municipal (nas proximidades da liña de meta), en torno as 13:00 horas. O mesmo sucederá pola tarde unha vez rematada a carreira grande sobre as 17:45 horas.
ARTIGO 9.- CLÁUSULAS ADICIONAIS
Primeira: A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos/ás participantes.
Segunda: A organización do Circuíto declina toda a responsabilidade dos danos que os atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destes nas probas. Todos os atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente Regulamento e en caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.

COMITÉ ORGANIZADOR: Asociación deportivo cultural “O Petouto” de Moraña
francesco

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/11/08
0 Carreiras
195 Mensaxes
santiago
Respostar citando Envío Mér, 08 Set 2010, 9:55
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembr

é correcta a hora para a absoluta, as 5 da tarde??? o digo porque as dos cativos é pola mañán....
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2684 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Mér, 08 Set 2010, 9:57
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembro

Me gusta el recorrido docs.google.com/viewer...llNzZlNjU5

Ya estoy inscrito

saludos,

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
moraña

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/09
0 Carreiras
36 Mensaxes
Santa Xusta de Moraña
Respostar citando Envío Mér, 08 Set 2010, 10:47
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembr

A carreira grande é as 17 horas. Si efectivamente esta é unha novidade con respecto a outras, pois os cativos correrán pola mañá. A verdade é que non sei se acertaremos ou non con esta programación, pero a nosa intención por un lado e que unhas probas non solaparan ás outras, dándolle a importancia que se merece cada unha; por outro lado que remos que se cumpran rigorosamente os horarios, e non facer esperar unha eternidade á xente como sucede noutras carreiras similares; e por último, gustaríanos que a xente que traia rapaces para parrticipar pola mañá quede por Moraña que tamén é unha maneira de coñecer e desfrutar dos sitios.
Cando menos esa é a nosa intención, insisto igual equivocada pero feita a conciencia.
moraña

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/09
0 Carreiras
36 Mensaxes
Santa Xusta de Moraña
Respostar citando Envío Mér, 08 Set 2010, 10:52
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembr

Por certo Jesús é unha honra pra nós que participes na Carreira. Corrín en Cuntis e foi moi emocionante a homenaxe que se lle brindou ao teu pai.
Agardamos que a carreira sexa do agrado de todo o mundo e insisto que estamos abertos a críticas e suxestión porque a nosa intención e facelo o mellor posible.
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Mér, 08 Set 2010, 11:27
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembr

¿ 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña? Pensando
No verán de 1967 estaba hospedado no Bodegón( non sei si existe, era en Santa Lucía, e anos mais tarde pasei por alí,xa morrera o vello e levaba o negocio seu fillo Cesar ), pois ben, ese verán participei nunha pedestre ao rededor da alameda/parque ése de Santa Lucía. Entón entablara amistad con Redondo(creo recordar Jose Antonio,tiña creo unha vespa,un chaval entonces novo pero ahora andaría polos 60).Conocín xente moi interesante en aquel verán do 67, Celso que era porteiro,Batallán,o cantante,que creo estudiaba mediciña,Miguel Angel,cuyo pai era guardia civil e casarase con Ana,creo vive ahora en Pontevedra, tiña un hermán que xogaba o basquet e logo fora central do Arousa; iba a clases do vello sr.Pintos de Santa Xusta creo,en fín,....fasme recordar e recordoche esa 1ª carreira Pregunta Pensando en Santa Lucía hai 43 anos Rezar ¿léeme alguien que a correra ?....vai ser que Nono

Friends forever
moraña

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/09
0 Carreiras
36 Mensaxes
Santa Xusta de Moraña
Respostar citando Envío Xov, 09 Set 2010, 7:37
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembr

Por esa época e durantes as festas da xuventude (as actuais festas do carneiro ao espeto) disputábase unha carreira (máis ou menos unha milla). Incluso nunha ocasión organizouse unha carreira máis grande en distancia con primas intermedias e que ao parecer suscitara certa polémica.
Corroseguro, o Bodegón segue existindo, aínda que César xa xubilou; Batallán o cantante é o médico de Moraña; Celso é concelleiro de deportes...seguro que o día 26 podes recordas todas esas vivencias con eles. Un saúdo Guiño
Bravo

Novo foreiro
Novo foreiro
1/09/10
0 Carreiras
35 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 12 Set 2010, 12:54
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembro

Eu xa me apuntei e segurame nte pasarei ali todo o dia cos rapaces ,sera a primeira vez que vaia a moraña.
moraña

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/09
0 Carreiras
36 Mensaxes
Santa Xusta de Moraña
Respostar citando Envío Lun, 13 Set 2010, 8:54
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembr

Bravo, esa é a nosa intención, que a xente aproveite o día pra estar e coñecer Moraña. Seredes benvidos!!!
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
490 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Lun, 13 Set 2010, 18:50
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembr

holaaa!!!
Gustaríame ver o perfil ou x lo menos q me informaran un pouco d como vai ser o recorrido para saber o q me vou topar se finalmente podo ir.
Saúdos e sorte!!! Mr. Green
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Lun, 13 Set 2010, 20:47
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembr

Paréceme xenial a vosa idea de separalas carreiras pola mañá e pola tarde, para acadar o obxectivo de promociona-la vosa locadidade.
Nesas decisións é donde se vé que as carreiras populares son moito máis ca deporte puro e duro, que son un compendio de cousas que os organizadores tratan de acadar tomando como fío conductor a carreira: promoción da vila, promoción das festas, implicación da xente que non corre habitualmente... etc.
Independentemente do resultado, as miñas felicitacións.
Pola miña banda, sinto non poder ir, pero xa me inscribín no Grove... pero un ano destos seguro que me animo.

Saúdos e moita sorte coa carreira.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
moraña

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/09
0 Carreiras
36 Mensaxes
Santa Xusta de Moraña
Respostar citando Envío Xov, 16 Set 2010, 22:59
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembr

Moitas grazas polos ánimos Marcos que boa falta nos fan. Moito nos queda por aprender de vós en Meaño Aplauso , e mágoa que non poidas vir o domingo....pero agardarémoste pro ano Guiño
Deixovos enlace da carreira no Wikiloc: gl.wikiloc.com/wikiloc...id=1172418

Aproveito pra animar á xente a que acuda a Moraña o día 26.
Saúdos!!
AmnesicoP

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/09/09
0 Carreiras
57 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Set 2010, 9:46
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembr

Bueno, pues allí estaremos el domingo. Tiene buena pinta la carrera, a ver qué tal.

Saludos!
gervasio

Novo foreiro
Novo foreiro
25/07/10
0 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Set 2010, 13:53
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembro

muchas gracias por animaros a organizar ésta carrera.Esto es maravilloso ya me he inscrito he tenido una lesión el sábado pasado que me impidió ir a la popular de viveiro.(menuda faena) pero espero estar recuperado para el domingo.creo que nadie al que le apasione correr debe perdersela una primera en moraña y gratis,muchas gracias a la organización seguro que no nos defraudareis a los que haremos cerca de 300 km.lo del premio al corredor más lonxevo es la bomba, creo que es lo más justo que he visto en una popular( igual que el de más jóven/a y veterano/a)que aunque en esta no lo he visto,si lo ha habido en otras), lleve quien lo lleve. Muchas gracias.ánimos a todos los correlegas.ahora que viene el invierno espero que nadie se desanime.saludos Bailar Bailar Aplauso Aplauso
JAVICHIN5555

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/07/10
0 Carreiras
93 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Set 2010, 16:41
Asunto: Re: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembr

moraña escribió:
Moitas grazas polos ánimos Marcos que boa falta nos fan. Moito nos queda por aprender de vós en Meaño Aplauso , e mágoa que non poidas vir o domingo....pero agardarémoste pro ano Guiño
Deixovos enlace da carreira no Wikiloc: gl.wikiloc.com/wikiloc...id=1172418

Aproveito pra animar á xente a que acuda a Moraña o día 26.
Saúdos!!

unha pequena pregunta q ti debes ser da zona, q tal e o perfil ?¿

moitas subidas/baixadas , e dura o se leva ben ¿?

graciñas x todo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos