Ven, 10 Set 2010, 16:04
Asunto: Re: XXVI Carreira Popular CONCELLO DE MEAÑO
Ola.
Xa finalizou a inscrición da XXVI Carreira Popular Concello de Meaño.
A falla de contabiliza-los chupetes (en torno a 30) hai inscritos 495 corredores, procedentes das catro provincias galegas, León e Braga (Portugal).
O municipio que más corredores aporta á carreira é Vigo (cun 15,96%), seguido de Pontevedra (cun 11,52%) e Meaño (cun 7,27%).
Temos que destacar o espectacular descenso da participación lusa, que este ano queda reducida a 3 únicos atletas.
En canto á particular "guerra" que manteñen os do Grove cos de Cambados por ver quen aporta máis corredores, hei de dicir que este ano ganouna Vilagarcía de Arousa
.
.
OPERATIVA O DÍA DA CARREIRA.
Disporanse uns taboleiros cos listados dos corredores inscritos. Debedes mirar cal é o voso nº de dorsal e dirixirvos á mesa correspondente (estarán debidamente sinalizadas). Alí entregarásevos o dorsal mailo chip (excepto propietarios de chip amarelo).
Por favor, mirade antes de nada o voso número de dorsal no listado, para que non haxa retrasos.
Gracias a todos pola vosa colaboración.
Saúdos, sorte e ata domingo.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es