Mér, 08 Set 2010, 8:15
Asunto: 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña o 26 de setembro
O día 26 de setembro celébrase en Moraña (Pontevedra) a 1ª Carreira Popular Pedestre de Moraña, tal e como xa está reflexado no Calendario.
Queríavos pasar a información máis pormenorizada do evento, para animarvos a participar nela eaxudarnos a correxir eivas e fallos, que de seguro imos ter, posto que é a primeira vez que organizamos un evento destas características.
A inscrición para a proba absoluta hai que facela a través de championchip, tamén temos unha páxina en contrucción:
sites.google.com/site/opetouto/, e o correo da organización opetouto @ gmail.com.
Como ben vedes a carreira tamén está incluída no circuito 2010-2011 de Correrengalicia.
Nada máis. Para calquer dúbida aquí estaremos para tratar de solventala.
O Regulamento é o seguinte:
ARTIGO 1.- PRAZO DE INSCRICIÓN
As INSCRICIÓNS das Carreiras nas categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete faranse a través do correo electrónico opetouto @ gmail.com ,dos teléfonos 986 552809, 660371493; por fax 986 553042; ou de maneira presencial nas dependencias da Biblioteca municipal de Moraña e a partir do 20 de setembro na Casa de Concello de Moraña; facendo constar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, D.N.I., localidade de procedencia, clube (se pertence a algún) e teléfono.
Nestas categorías admitiranse inscricións o día da proba até as 11:15 horas da mañá.
Para a Carreira Absoluta (de xuvenís en diante), as inscricións realizaranse a través da páxina web
www.championchipnorte.com onde se lle indicarán os pasos que deberán efectuar para formalizar a inscrición*rematando o prazo da inscrición o xoves 23 de setembro de 2010 ás 22:00 horas.
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais e os CHIPS de cronometraxe de Championchip recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Pavillón Municipal de Moraña (a carón da SAIDA) ata MEDIA HORA antes do inicio da proba correspondente.
Para máis información, poden consultar a páxina web da Asociación deportivo cultural “O Petouto”:
sites.google.com/site/opetouto/
ARTIGO 2.- PARTICIPANTES e HORARIOS:
Poderán tomar parte nas mesmas todas as persoas que queiran sexan federados ou non, haberá unha soa clasificación conxunta e por categorías.
As carreiras das categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete terán lugar a partir das 11:30 horas do domingo 26 de setembro.
A proba absoluta celebrarase o mesmo día 26 de setembro ás 17:00 horas.
ARTIGO 3.- DESCALIFICACIÓNS :
- Por deterioro físico do atleta .
- Por abandono do circuito delimitado para a proba.
- Por non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito durante todo o percorrido), sen poder facer ningunha modificación sobre el, ata a entrada na Meta.
- Por participar cun dorsal que corresponda a outro corredor, por participar con máis dun dorsal.
- Por realizar a inscrición con datos alterados.
- Por no atender as indicacións da Organización ou xuíces.
- Por entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
- Na proba absoluta non estará permitido o acompañamento dos/as participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación instantánea dos/as atletas acompañados.
- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe entregado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.
- A decisión sobre a posible descalificación do atleta, será adoptada pola Organización da Carreira polas circunstancias antes mencionadas e dita decisión será irrecurrible. Para calquera outra cuestión haberá que dirixirse por escrito á Organización da Carreira.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
- A organización e as/os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a eles mesmos ou a outras persoas ocasionen os/as participantes nas carreiras.
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento
ARTIGO 4.- CATEGORÍAS:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas.
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA DA PROBA
PREBENXAMÍN 2003 e posteriores 400 metros
BENXAMÍN 2001-2002 800 metros
ALEVÍN 1999-2000 1000 metros
INFANTIL 1997-1998 3000 metros
CADETE 1995-1996 3000 metros
XUVENIL 1993-1994 9.700 metros
XUNIOR 1991-1992 9.700 metros
PROMESA 1988-1990 9.700 metros
SENIOR 1975-1987 9.700 metros
VETERÁN A Nados entre outubro de 1975 e 1970 9.700 metros
VETERÁN B Nados entre 1969 e 1960 9.700 metros
VETERÁN C Nados entre 1959 e 1950 9.700 metros
VETERÁN D 1949 e anteriores 9.700 metros
A liña de Saída e de Meta estará situada na Rúa 7 de Santa Lucía de Moraña, preto do pavillón municipal.
ARTIGO 5.- TROFEOS E AGASALLOS:
- Haberá importantes trofeos para os tres primeiros clasificados masculino e feminino de cada categoría.
- Haberá un trofeo para a/o mellor corredor/a de Moraña en cada categoría.
- O trofeo de gañador/a das categorías promesa, senior, veterán A, veterán B, veterán C e veterán D; tanto masculino como feminino; consistirá nunha obra de pedra de grande valor feita polo escultor local “Fontecha”
- Todos/as participantes nas carreiras de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete; recibirán unha medalla de agasallo.
- Todos os/as participantes que cheguen á meta na carreira grande, recibirán unha camiseta de agasallo.
- Ao remate de cada carreira os/as corredores recibirán avituallamento sólido e líquido a cargo das empresas colaboradoras: Coca-Cola e froitería M y M.
- A organización poñerá a disposición dos/as corredores que o precisen un servizo para gardar a roupa, e os vestiarios e duchas do pavillón municipal (sito na Rúa 7 de Moraña).
ARTIGO 6.- PREMIOS ESPECIAIS
Haberá dous trofeos destinados para o corredor e a corredora máis lonxevos que participen na carreira grande que cheguen a meta dentro do tempo límite (home e muller).
ARTIGO 7.- PUBLICACIÓN DAS CLASIFICACIÓNS:
As clasificacións das carreiras serán publicadas por internet na páxina:
www.championchipnorte.com.
Asemade faranse públicas a través da páxina web do concello de Moraña
www.morana.org e da Asociación deportivo cultural “O Petouto”
sites.google.com/site/opetouto/.
ARTIGO 8.- ENTREGA DE TROFEOS
A entrega de Trofeos das carreiras que se disputen pola mañá realizaranse unha vez rematada a carreira da categoría cadete, diante do pavillón municipal (nas proximidades da liña de meta), en torno as 13:00 horas. O mesmo sucederá pola tarde unha vez rematada a carreira grande sobre as 17:45 horas.
ARTIGO 9.- CLÁUSULAS ADICIONAIS
Primeira: A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos/ás participantes.
Segunda: A organización do Circuíto declina toda a responsabilidade dos danos que os atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destes nas probas. Todos os atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente Regulamento e en caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.
COMITÉ ORGANIZADOR: Asociación deportivo cultural “O Petouto” de Moraña