Mér, 22 Set 2010, 16:57
Asunto: Re: 2º Maratón nocturno de Bilbao
Moitas grazas pola información tanto ao compañeiro
Jabato do equipo
Pato Blanco (grandes afeccionados ás maratonas, polo que teño comprobado) como a
aninme (que tivo máis ou menos os mesmos problemas).
Como comentario esperanzador de cara á edición deste ano teño que decir:
a) Que o
percorrido foi modificado sustancialmente, eliminandose toda esa parte da carreira que vai ata a boca da Ría (e que se fixo especialmente dura pola escuridade e o tráfego)
b ) Que
anuncian avituallamentos de dous tipos (uns con auga nos km. 5, 10 e 15 -auga e sólidos nos km. 20, 25, 30, 35 e 40- e outros con isotónicos "
powerade" intercalados nos km. 7'5, 12'5, 17'5, 22'5, 27'5, 32'5 e 37' 5).
Agora o tema será que cumplan o prometido
por duplicado. Así que espero non ter que estar o vindeiro ano quitándolle da cabeza a algún foreiro ilusionado a súa idea de participar nesta maratona.
De novo moitísimas grazas a todos pola vosa opinión.