Dom, 26 Set 2010, 21:46
Asunto: Re: carrera pedestre de Santiago de Compostela
Pois meus fillos e eu tamén estaremos de novo este ano, e como moitos decides, é máis que probable que o caos de organización non mellore nin cos 5 pavos que afrouxaremos todos.
O de anos anteriores foi: Caos de saída e o que peor, requetecaos de chegada (DE VERGOÑA
; o único que amosa o mal trato ós miles de corredores populares que acudimos a esta proba, é que os ca organizan nunca na súa vida correron nin 1Km., e que ademáis lles importamos un pito); o da entrega do chip de xulgado de garda (¿non se deu conta esa xentiña de que quedabamos xeados naquela cola tercermundista sen sequera poder estirar?) e a camiseta
, para dar una xoia como esa, mellor que o aforren e nos teñan acuarius e uns plátanos na chegada (a auga foi moi escasa, case tiñas que arrincalla das mans os que de mala gana cha daban).
En fin CARREIRA CON MOITO AMBIENTE, percorrido precioso, público estupendo (por iso repetimos tantos) pero ORGANIZACIÓN DE CERO PATATEIRO
que maltrata ós corredores populares (ós feitos que todos comentades e todos sofremos me remito). Deberían aprender e deixarse aconsellar, ainda que so fora un pouquiño, por xente como a da organización da Media Ibercaja que corrimos hoxe en Vigo, que sendo a súa segunda edición foi un exemplo de trato exemplar para os corredores e boa organización.
Saudiños.