Sáb, 25 Set 2010, 14:45
Asunto: Quedamos sen equipo ciclista
Pois como reza o título do post, parece ser que a continuidade do equipo ciclista de Galicia está na UVI en estado crítico. Tras facerse a foto o outro día cos corredores da Volta, poucas horas despois xa se veía que a continuidade do equipo pendía dun fío.
Eu non estou a moi favor de que cartos do erario público se gasten en manter equipos deportivos, que non sexan canteiras ou escolas deportivas. Pero os equipos ciclistas non teñen socios, non se paga por ir as estradas a ver pasar os corredores, e este equipo paseou o nome da nosa terra por Europa e América Latina, facendo publicidade e vendendo o producto GALICIA.
A min paréceme moito peor dar os cartos ao Depor, ao Celta, ou ao equipo de futbol, ou baloncesto ou do que sexa, que ten a sua cuota de abonados, e que por a mala administración dos seus donos, haia que invertir os cartos de todos.
Noutro orden de cousas, parece increible que as grandes empresas galegas, madereiras, conserveiras , textís, de comunicación... non sexan quen de unirse e poder manter o equipo que tan bo resultado está dando. Eu tiña aesperanza de que ao aparecer un patrocinador da talla de Movistar, eso faría un efecto chamada para que outras marcas comerciais se aventuraran a dar o paso para entrar no mundo do ciclismo.
Hai firmas por Europa que levan moitos anos, como Rabobank, Liquigas, Quick Step...seguramente porque invertir en ciclismo non será tan malo, e menos agora que está tan vixiado o problema do dopaxe.
Acaso entre as caixas, Cortizo, Rianxeira, Finsa, Televés, Coren... non poderíase formar un equipo tipo Galicia Calidade que levara polo mundo a excelencia dos nosos productos... Un bo nome podería ser Marcas de Galicia, ou Marcas Galegas, ou Productos de Galicia... eu que sei, pero algo así... a ver o luns si sae algo positivo da reunión de Lete e non sei quen máis.
www.subeaobarbanza.blogspot.com