Mér, 29 Set 2010, 17:02
Asunto: Re: DAVID GARCÍA, TONHITO DE POI E VÍCTOR RIOBÓ NA PINGA-
Nanaco escribió: |
Hola Pinga(s)
Poderias dar unhas indicacións de cómo chegar e onde aparcar? Se non é molestia |
Ben, unha pregunta moi importante da que nos gustaría que tomásedes nota todos os foristas.
En primeiro lugar, hai que vir con tempo para aparcar. porque? porque como así está anunciado a carreira coincide coa festa da sidra e agárdase moita xente, ademais a pinga-pinga sae e chega ao lugar da festa. Hai aparcamentos pero algúns quedarán pechados durante a carreira polo que é importante entrar antes co coche. Haberá unha veiga habilitada, máis o aparcamento do ceminterio e despois as beiras da estrada que comunica co lugar, sempre fora do circuito. Aos que cheguen máis tarde tocaralle andar máis por iso é importante o que dicimos, vir con antelación.
Como chegar????
Ben, posibilidades.
1º carreteira de Marín-Moaña nesta dirección: No lugar de Pardavila, despois de pasar por debaixo da ponte da vía rápida colledes á dereira(haberá indicación) e tras facer un km chegaredes a un cruce cunha marquesiña en fronte e virades á esquerada. 2km despois chegaredes ao lugar da carreira.
A carreteira Marín-Moaña ten outras entradas despois, nos lugares de Miñán e Silvestre. Pero igual é máis complicado.
2º carreteira Marín-Bueu nesta dirección. Ao chegar a Seixo atoparedes unha farmacia a man esquerda e xusto despois un cruce tamén a man esquerda e entrades por alí. Dende aí tendes que tirar 3 km cara arriba e iso podédelo facer ou pola parroquia de Santa María do Campo, o que vos levará ata o cruce da marquesiña da outra carretera(Marín-Moaña) ou subides polos lugares de A Torre e Cernello para arriba. Ides pasar preto da igrexa de San Tomé de Piñeiro(por onde pasa o percorrido) e despois chegaredes ao lugar de Allariz onde se atopa unha baixada ao campo de futbol onde está un dos aparcamentos. (Ollo, como dixen antes, indo con tempo)
Se vos quedan dúbidas facérnolas saber. Tentamos explicalo o mellor posible pero sempre poden quedar dúbidas.