Ven, 01 Out 2010, 13:19
Asunto: Re: Asesinatos de balde!
A ver,
U, ás veces hai un paso de peóns xusto despois dunha curva. Ou, o mais frecuente, ao pé dun semáforo en vermello. Cando se pon en verde, temos que acelerar. E nese caso, por riba cando chove, perigo gordo. En bici tamén e perigoso, pero si probas a acelerar (non digo mais, ao 50%) unha moto nas condicións que che digo, verás a diferencia.
Xa sei que non dixeches nada de non pintar os pasos, pero ahí están, así deben de estar e así hai que pasar por riba deles. Que todos somos conductores e peóns en calquera momento, e ás veces me teño levado bos sustos nos pasos (aínda mais onde eu vivo, exemplo do nulo respeto aos peóns, que os coches aparcan enriba dos pasos e si te ven cruzando, aceleran para facerte correr...).
Ao que eu me refería, e que parecía que entre coches e peóns, saes en defensa dos primeiros. Eu só digo que todos somos peóns, e non temos airbag, barras laterais, nen ESP... E deberamos ir todos mais amodo (eu xa baixei os ímpetus de xuventude, velocidade media por autovía 110 km/h; na vila, a pé ou en bici).
Saúdos,
U.