Dom, 03 Out 2010, 14:59
Asunto: Re: II Triatlón Popular Concello de Bueu
Xa estamos de volta en Boiro... Moloume un mazo o meu primeiro triatlón, e tiña as miñas reservas con esto da atmósfera e as suas pertuberancias.
A parte de nado non se meu deu moi alá que se diga, pero a transición á bici foi do peor; perdín unha chea de tempo sacando unhas cousas e poñendo outras, pero despois, unha vez embarcado, goceina a pesar de levar a miña MTB con transportín e todo...
A subida pareceume preciosa, non era dura, e con bo tempo ten que ofrecer boas vistas... A subida gustoume moito coas suas curvas, e a baixada estaba perigosa, a min saltoume un coche chegando a baixo, no cruce anterior antes da última viraxe a esquerda que fixome frear a tope.
A segunda transición foi mellor, pero un pouco lenta tamén. Na parte pedestre, os xemelos deronme algún toque de atención, pero ao final, quedouse nada máis neso.
Moi contento, e con gañas de repetir experiencia... a ver se poñen unha clasificación cos tempos.
Graciñas á organización por loitar en que esto saíra adiante...
Encantado de falar con lukish, e tamén con outr@s triatletas, na parte da bici.
www.subeaobarbanza.blogspot.com