Dom, 03 Out 2010, 19:44
Asunto: Re: Carreira de Brión
Ola.
¡¡Arre carallo como choveu hoxe en Brión!! Dito esto: EXTRAORDINARIA CARREIRA. A choiva fixo moito máis divertida a carreira. Miña nai, que xeito de chover. Pero como non ía frío, a verdade é que daba gustiño

. É de recibo dicir que o vento non molestou moito, agás no final da carreira.
En canto á carreira, como era a miña segunda participación, xa sabía do muro

que colocaron no primeiro quilómetro, así que tomeino con calma e o resto dando caña. Estou satisfeito, xa que mellorei en 5' o tempo do ano pasado (nada difícil, por outra banda), aínda que estou lonxe do tempo que debería facer en teoría.
¡Qué ben o pasei! Desde logo que esta carreira se convirteu nunha fixa do meu calendario.
A organización de 10. O que tiveron que aguantar. Os meus parabéns e agradecemento por deleitarnos con tan entrañable (e húmida) carreira.
Tan só os dorsais non tiveron ganas de unirse á festa, e empeñábanse en tirarse á estrada, que finalmente quedou inzada deles.
Saúdos e vémonos na Pinga-Pinga.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es