Xov, 28 Set 2006, 23:53
Asunto:
Ola:
sinto non poder axudarte no do percorrido porque só me lembro que vai por varias rúas, saése dunha ponte. logo creo que se cruza o río ....... por outra ponte. No percorrido hai costas arriba, creo que tamén hai algunha costa abaixo, aínda que non as recordo, é incluso creo que, polo menos o ano pasado, había algunha zona llana. Nesa carreira hai moita xente, pero moita, moita. Lembro que o ano pasado poucos segundos antes da saída había entre os corredores unha señora maior toda vestida de negro con zapatos e pano na cabeza. Pensei que estaría perdida tentando cruzar a rúa, logo pensei que a multitude cando botase a correr í aplastala, pero resulta que lle estaba dando as últimas instruccións a un señor que tamén ía correr, este sí xa cun vestiario máis acorde coa situación. De súpeto soou o disparo e xa non lembro máis, volveume a memoria agora que estades a falar desta carreira.
Respecto á pregunta de como é esta carreira, penso que moi dura non é, todo depende ............. coma sempre, claro. Lembro que o ano pasado o primeiro quilómetro paseino en case 7 minutos, e a verdade é que non ía despacio, máis ben para o meu nivel ía demasiado rápido, logo pensei que o mellor estaba mal medido e seguín correndo. Cando rematei gustoume moito, como sempre cando das rematado unha carreira. Este ano volveremos se podemos claro.
Hai que falar cos de Mizuno que iso de premiar ó posto 100 dá lugar a posibles trampas, como algúns foreiros xa andaban a barruntar por aquí, creo que sería máis lóxico darlle o premio ó posto 3000 ou daí para atrás na clasificación, ..... por aquelo de que non haxa lugar a suspicacias ou ¿a vós non vos parece?
Un saúdo a todos e a todas.