Sáb, 16 Out 2010, 21:13
Asunto: Re: A esto yo, le llamo abuso de poder
O que pretenden levar a cabo co Carnet de Corredor (é a miña opinión, non son federado nin sei nada nin quero saber da RFEA) para min é sinxelo:
Este ano 2010, implantan 2 modalidades de carnet (gratuita e de pago), e van ir apretándolles as caravillas aos organizadores, preferiblemente polas boas. Unha vez que unhas cantas carreiras de renombre de toda España 'pasen polo aro', éstas farán de
efecto chamada para outras carreiras tamén importantes, xa a título rexional. Co paso dos meses, moitos corredores irán vendo normal e ata lóxico, o que lles parecía un sinsentido anteriormente, mesmo algúns dos que se rasgaban as vestiduras. Andando o tempo irán aumentando as carreiras nas que, para participar terás que ter obrigatoriamente o carnet do corredor, primero o 10%, logo o 20, 30, 40... E cando haxa un número importante de carreiras en España con esa esixencia,
que representen miles, ducias de miles ou mesmo centos de milleiros de participacións ao ano, e o carnet do corredor esté xa definitivamente asentado, danlle a última volta á caravilla: quitan o carnet gratuito e queda o de pago. E para daquela, nuns 2, 3 ou 4 anos todos o veremos, ou con normalidade, ou con resignación.
¿A solución? Resistir coma os galos de Astérix: facer un valado común na defensa das nosas carreiras populares, as das grandes cidades e as das vilas e pobos pequenos, as dos organizadores que se tiran costa abaixo e sen freos para sacar adiante o seu proxecto de carreira, as dos voluntarios de 13 anos no avituallamento, as dos meniños que che poñen as palmas das mans na carreira para chocaren, as que corres á carón das vacas do veciño no prado, as dos fotógrafos e fotógrafas afeccionadas que enfocan e ven a Gebreselasie ao outro lado do obxetivo, ás que vas cos colegas 'só para trotar' e nas que acabas por comer o polbo no Carballiño ou tomando os viños en Santiago, as das camisetas patrocinadas por 'Joyería Camilo', as da empanada e pincho de tortilla na meta, sempre co entusiasmo do espíritu popular nos ollos, o amateurismo nas pernas e a ilusión dun debutante nas zapas.
Saúde.
Última edición por xiamenfroi o Lun, 18 Out 2010, 10:16; editado 1 vez