Dom, 24 Out 2010, 19:27
Asunto: Re: media marathon cidade de pontevedra 2010 QUEDAN 15 DIAS
Moi boa a carreira. Un 10 á organización:
- Bolsa do corredor moi completa.
- Camiseta moi chula. Creo que vale para saír de copas (eso si, quedas coma un friki
).
- Empanada e cervexa á chegada á meta.
- Servicio de fisioterapia para os que o necesitamos (gracias á Escola de Fisioterapia da Universidade de Vigo).
- Duchas ao lado da meta.
Ademais é unha media maratón moi asequible para a xente:
- Trazado moi plano, quitando algunha subida moi suave (que tamén se baixa, todo sexa dito).
- Temperatura moi boa para correr, sobre uns 16º C. Só choveu un pouco a partir de 1h 30m.
- Aparcamento cercano á saida.
- Grande cantidade de voluntarios controlando o trazado.
- Circuito totalmente cerrado ao tráfico. Só autorizaban o paso os policías municipais, non coma noutras medias...
Só un cometario: non é moi normal que se lles acabaran os imperdibles nas mesas de entrega de dorsais. Terán que ter 4 por dorsal e listo. Sorte que sempre levo uns comigo para estes casos. Senón malo sería que alguén non me deixase un par deles.
Respecto á miña carreira, estiven a punto de abandonar no km 9 porque me doían moito as rodillas. Continuei porque se me pasou a dor e logrei acabar como puiden. A pesar de todo, disfrutei moito a careira.
Carreira para repetir.