Sáb, 29 Out 2005, 17:30
Asunto: é so unha opinión
A carreira de santiago é preciosa de correr. A min persoal mente encantame correla. Pero creo que a ninguén que estea un pouco metido nesto non lle costa moito darse conta de que ten númerosos defectos, algúns dos cales pasarían por intranscendentes se houbese unha mínima intención de subsanalos. pero eu penso qe esta carreira vive na máis absoluta das complacencias. E para min e hoxe por hoxe unha carreira decadente. En fin gustariame que cambiasen moitas cousas e vou nombrar algunha e supoño que esquecerei unhas cantas máis:
pareceme incrible que a carreira dos rapaces seña de nove km. pode que hai vintetantos anos cando comezou non se reparara nelo, pero hoxe por hoxe creo que se debería de cambiar.
Ademais dise que se favorece o deporte nos máis novos e felicitanse porque o colexio x leva tropecentos rapaces a mesma. incrible por que moitos destes rapaces son en certo modo coaccionados por profesores de ximnasia con moi pouca idea. non quero facer xeralizacións, hai profesores bos, regulares e tamén malos (eu tiven un que nos subía a nota por corrermos os 9 km eu tiña 12 anos, pero tamén os hai que corrien e tiñan menos). y pareceme lamentable que haxa cartos para os primeiros colexios non creo que a esas idades sexa didactico promover a competitividade nos rapaces, e menos nunha carreira ta dura coma esta.
Deixando xa o dos nenos, que sen dubida é o peor xa que non son tan "maiorciños" para tomar a decisión de correla ou non, e son altamente influenciables.
No "El correo gallego" desfilan unha serie de personaxes nos días previos e posteriores a carreira que falan dunha maneira que parece que son os salvadores da infancia e da mocidade do atletismo.... i e curios, moi curioso que as únicas referencias deles que hai son as paxinas do correo.
Ademáis penso que está carreira non escoita os Atletas, minto, si es citan o que queren: cando o Atleta di: é a carreira que máis me gusta correr, correr pola Zona vella é marabilloso, a chegada no obradoiro non ten igual, é a nai das carreiras en Galicia, sempre me gustou correla...
Os piropos saen todiños, pero cando se critican unha serie de cousas, coma os "supostos" fixos a managers (herdeiros dos outrora chamados tratantes) para que traian a corredores de fora (que veñan os que queiran, pero que non os vaian buscar, esto non é un mundial). nunha palabra MANIPULACIÃ?N (non creo que esto sorprenda tanto vindo deste xornal).
Logo está o tema dos premios, que bueno tamén se pode discutir se deberia habelos ou non, pero xa que os hai pois bon, que non haxa premios os primeiros Españois ou Compostelanos pode ser discutible (situa a carreira por debaixo de outras pero bueno, eso xa se sabe na saída), que os premios non sexan acumulativos ou que no seu defecto roten xa é máis discutible, tamen creo que nunha carreira coma esta debería haber trofeo os tres primeiros de cada categoría (tampouco é tan grave que non os haxa).
E logo xa en carreira: A Saída é mellorable, empezando que a costa así en frio..., por que non se sae 100 ou 200 metros antes (non alivia demasiado pero bueno), tamen creo que se debería separar un pouco a xente non pode ser que alguén que vai correr a 3'20'' teña que facelo detrás de xente que vai correr a mais de 5'/km (creo que noutras carreiras xa se fai, nesta tendo en conta a participación sería desexable penso eu).
en carreira penso que se deberia por un abituallamento antes, o de vite a moitos chegalle demasiado tarde e a outros xa non lles vale a pena.
logo están os tapóns na chegada (a min non me ben afectando, pero é unha queixa xa clásica), e o feito de que a a praza queda totalmente dividida tamén penso que se debería tratar de solucionar.
entre o que me gusta:
o público, se ben parece que vai indo a menos.
A chegada, dende o momento de entrares na Zona Vella,disfrutase como en ningún outro sitio.
Que aínda, a pesar de todo, segue indo moita xente, é un lugar de encontro.
Que é unha carreira cun certo status, unha referencia clásica (foi a primeira que corrin nunca) inda que como siga así...
bueno non se me ocorre nada máis, a ver se nos poñemos de acordo en como queremos a carreira, se cadra nos fan caso...
Saúdos a todos
A prégovos non me teñades en conta as faltas de ortografía