Ven, 05 Nov 2010, 21:22
Asunto: Re: Media de Ferrol
Boas.
Pois no percorrido hai algo de todo, saida en terreo mais ou menos chan, incluso eu creo que domina a pendiente algo favorable, despois subidas e baixadas (os tobogans) ata chegar a xubia, donde comenza a subida mais forte, creo eu, que ainda que ten descansos e bastante longa, despois chan e baixada o cruce de fene, continuamos pola ponte das pias, aqui o peor e o vento, normalmente sopla forte e xa non che digo como choiva. Logo alternando subidas e zoas mais ben chans, pero tamén algunha que outra baixada, ata chegar a esteiro, donde hai una costa relativamente curta pero creo que e a mais empinada, xa estamos a un par de km da meta , logo nada destacable en canto a subidas ou baixadas, pero claro xa levamos 20km encima e calquera desnivel notase.
Foi a miña primeira media, e xa levo catro ou cinco, non e para facer tempos espectaculares, pero si para ter boa compaña.
Saudos e sorte.