Dom, 14 Nov 2010, 21:56
Asunto: Re: XXXIV Carreira do San Martiño, Ourense [14/11/2010]
Este ano, despois de ter participado en 19 edicións da San Martiño, tiven a oportunidade de vela desde fora, por mor dunha lesión no nocello. E a miña valoración é a seguinte:
1º.- Efectivamente no Clube de Celanova, do que formo parte, temos algún compañeiros con xeitos de cleptónamo, que levamos tempo tentando corrixir, pero non hai maneira... o homiño arrampla camisetas e todo tipo de alimentos e bebidas de xeito compulsivo. E non é un morto de fame, nin moito menos. E unha excelente persoa... desculpas no seu nome, porque el non accede ao foro.
2º.- Mágoa da choiva final para os que remataron en máis de 45 minutos. Eu estaba na Ponte Vella a tirar fotografías, e apañoume un golpe intenso.
3º.- Non podo valorar aspectos da organización tales como o que aconteceu dentro do Pabellón e no campo dos Remedios durante a entrega de avituallamento final.
4º.- E fermoso, motivo de orgullo como ourensán (desta provincia) que unha cidade interior, máis pobre cas do resto do País, peor comunicada, menos populosa, despois dunha eclosión do atletismo popular como a que vivimos nos últimos cinco ou seis anos, se manteña como unha prova de referencia.
E imposibel apelar a cuestións obxectivas para decir cal é ou non a mellor prova do calendario galego.
As miñas preferidas son o San Martiño e a Lugo Monumental.
Parabéns a todos aqueles que tiveron a boa idea e a oportunidade de distrutar da ampla oferta termal (e gratuita) despois da carreira.. que sempre se agradece.
Esperando poder completar a miña 20ª participación na vindeira edición.