Mar, 16 Nov 2010, 18:54
Asunto: Re: XXXIV Carreira do San Martiño, Ourense [14/11/2010]
Xa teño dito fai varios anos que o maior problema da Carreira do San Martiño é a saida.
Cando fai xa máis de 6/7 anos se decidiu ubicala na Ponte do Milenio fíxose por tratarse dunha obra representativa da cidade do século XXI, e lóxicamente a participación, sendo xa notable, non acadaba os niveis de hoxe.
Non sei se sería posible cambiar o lugar de saida por outro máis amplo e que permita ubicar á xente en caixóns.
Porque o problema da saida de Ourense non é a multitude: é o funil-embudo que permanece nos primeiros 300 metros, e despois rotonda, e despois costa.
Por exemplo en Compostela, ainda que a mín as costas non me gustan e menos nas saidas, a 200 metros da liña de saida, cada un dos 1000 primeiros xa vai indo para "o seu sitio-ritmo".
En Ourense non: como non saias entre os 300 primeiros, xa perdes non só o tempo (oficial) senón a posiblidade de coller ritmo desde canto antes posible, co cal o teu tempo REAL tamén se resinte.
A solución das marcas é realmente complicada:
a) Temos en conta marca acreditada na propia San Martiño?
Temos en conta marca en 10.000.- noutras provas?
A solución:
- Buscar unha avenida máis ancha, na que se permitan 4 caixóns (sen distincións entre homes e mulleres) por marca acreditada en algún 10.000.- :
1º.- Sub 35
2º.- Sub 37
3º.- Sub 40
4º.- Resto (non peiorativo: ao contrario este RESTO son os máis importantes. Sen él o San Martiño non seria o que é)
E agora, cabezas pensantes - e moi lúcidas - ten o atletismo ourensán en xeral e a organización en particular.