Lun, 31 Out 2005, 19:12
Asunto: SAIDAS NEUTRALIZADAS
O único xeito de solucionar este problema sería de dúas maneiras:
a) Carreira Lanzada, o cal loxísticamente resultaría moi complicado.
Como nos Maratóns ben organizados, colocar a xente por tempos para que saian cos que manterán un ritmo similar.
O problema real é que hai moi poucas saidas realmente idóneas. Por exemplo, a saida do San Martiño, que é un dos poucos defectos da prova, pero é un desastre. Por cuestións políticas e de imaxe, sáese dunha ponte moi estreita de duas calzadas. e vense moi perxudicados os corredores que non saian dos 80 primeiros. A saida de Santiago é salvaxe e durísima para todos os que teñan que progresar. En Lugo arráncase do casco vello por ruas estreitas.
A mellor saida de Galiza é a do VIG BAY, ampla, longa e na que en menos de 500 metros cada un vai ao seu sitio (tendo en conta que rara vez participaron máis de 700). Nunha saida así de ampla os corredores que teñan interese real en facer tempos sí que poden ubicarse en poucos metros.
Nos medios maratóns e maratóns, non é problema real o asunto da saida, salvo algún caso tan desastroso como no Maratón de París, no que tardas 6 ou 7 quilómetos en acadar un lugar de velocidade "de cruceiro". Pola contra Londres é brillante, e de Grenwich parten 3 saidas, e cada unha de elas por letras e grupos. Esto facilita que sendo 37.000 participantes non se perciba en ningún momento sensación de abafamento nin zig-zag; e en Berlín pasa algo parecido, xa que se sae dunha avenida de 60 metros de ancho de calzada).
Indo ano noso:
Nas populares, podemos concluir que só un 25% dos participantes está preocupado e é afectado polos tumultos iniciais. Así, en Compostela de máis de 5000, os 600 primeiros poden estar influenciados por unha saida moi rezagada.
En xeral, todos os corredores sabemos máis ou menos cal é o lugar de onde debemos sair. O que sí e certo é que coa masificación do atletismo popular nos últimos anos, as organizacións deberían coidar máis os lugarares de saida, para que fosen chans, amplos e despexados, ata como mínimo 1 quilómetro despois da saida (esto na nosa terra, coa orografía que temos é moi difícil).