Dom, 28 Nov 2010, 20:14
Asunto: Re: Carreira Popular Volta a Ría de Ferrol
Hola! Pois si, xa queda menos. Hoxe fixen a volta á ría sen forzar para ver como recupero e como asimilo a distancia despois de 2anos sen correr tal cousa coma unha media maraton, e ben, atopeime ben e púxenme coma un pito. Pero veremos como me vai co incremento de ritmo do día 12.
Habiache ben tempo que non me paraba no foro a ler e que interesante resulta o tema da comida.
Pola miña parte tiña pensado levar glucosa, pa tomar un par de tubos, pero visto o visto semella que non fará falta. Levarei un por si acaso e se o tomo será hacia o km 15 e beberei ben auga canda el.
O desaiuno que comentaban pareceme ben. Ten boa pinta. Con algo de café claro, que senon non teño ganas de correr nin de picarme co meu reloxo. Pero moito vou ter que madrugar... uff...
¿¿E para comer os días antes da proba que me aconsellades??
Por outro lado para correr a media por uns 1h 30min ¿¿como credes que se debería marcar o ritmo?? ¿¿constante de principio a fin ou mellor comezar mais suave e logo aumentarlle??
Gracias!!! un saudo e moita sorte e saude para a carreira!
sunsury.blogspot.comEspacios de música:http://www.myspace.com/sunsuryhttp://www.myspace.com/thebluesomes