Lun, 06 Dec 2010, 15:06
Asunto: Re: Carreira de Valga (06/12/2010)
Noraboa a organización pola proba, as veces non se necesitan luxos para desfrutar dunha proba (aínda que o "avituallamento" final si que é un auténtico luxo
...... onde comprastes esa carne tan boa
?????? ), o importante é ter gañás de facer cousas e proteccion civil e voluntarios marcando o percorrido nos cruces (so lle falta, por dicir algo, ter unha marquiña en cada km, pero bueno...). E boa presencia de foreiros tamén,
Estremeñeiro, Fonvigo, Irdam, Montxo, Home_de_nejro, Canido, Beauvais, Cachofoucellas, os da Bouza Sprint, Nacho_s1600, etc etc etc
O percorrido en si é bastante chulo, con un kilómetro aproximadamente moi duro (coa traca da costa final matadora) e a partir de aí se quedan forzas podese dar zapatilla a gusto pois vólvese moi favorable, con moito descenso por tipicas estradas locais do rural galego, recordame a probas como Meaño, Pascua de Padrón, Bembrive.....
E se a medición da proba estivese atinada (a ver que lle saiu os que teñen "trebelliños") pois entón podo estar relativamente contento de como me saiu a proba
..... Un escalonciño mais no retorno a vida das carreiras...
A proba queda anotada para volver en vindeiras edicións, sempre que haxa posibilidade, seguide así
Evarist e compañía
!!!
Se eu puiden, ti tamén...