Ven, 10 Dec 2010, 9:10
Asunto: Re: Operación Galgo
Parece que Nuria Fernández e Natalia Rodríguez tamén andan metidas. Bezabeh pediu personalmente que non o levasen ó europeo porque estaba implicado. E o que quedará por ver...
Por outro lado, comentarios como o de Jesús España demostran que estas actividades eran vox pópuli e, por tanto, enténdese que permitidas pola federación. Pero este comentario de España debería habelo feito antes, non ahora que xa se fixo público.
Imaxinábame eu, inxenuamente, que o Dr Fuentes tras a Operación Puerto estaría fora de circulación para o deporte e, por suposto fora de federacións oficias pagadas por todos nos.
Para min as excusas de que non se dopaba, que "solamente" traficaba, tipo Paquillo e parece que tamén Marta, non constitúe ningún atenuante. Para min é bastante pero o do tráfico que o do consumo. Tendo en conta a veteranía dos implicados, que non está emepzando nesto, vamos, non hai excusa posible. Fora do deporte de por vida!!!
Para os atletas máis novos, moi lonxe de compartir a dopaxe, un case que, se se pon na súa pel, vivindo do deporte e vendo que por medios naturais non pode competir con alguén que leva algo extra, entende que recurra a medios "ilícitos" para competir en igualdade de condicións. E se ademáis quen llos proporciona resulta que son atletas da "talla" de Paquillo e Marta, pois máis ainda. É por este motivo que os castigos deberían ser máis duros, para que os que ven, os que están empezando, que entendan que o camiño ha de estar limpo, que cada un chegue a donde poda chegar e que entenda que a búsqueda dos límites de cada un é o único obxetivo a perseguir. E se outros fan trampas, acabarán caendo.
E para rematar, creo que son necesarias novas caras na federación: fora Odriozola xa!!!