Lun, 06 Dec 2010, 11:01
Asunto: Re: San Silvestre Ares-Mugardos 2010
Ola amig@s!
. Pois efectivamente a carreira será o vindeiro día 26 de decembro, domingo, ás 11 da mañá dende Ares para percorrer o trxaceto que une os pobos de Ares e de Mugardos e voltar a Ares. A saída será dende a estrada do Pavillón deportivo Municipal de Ares. No medio da carreira, haberá no peirao de Mugardos un punto de avituallamento líquido, coincidindo co ecuador da proba. Logo na chegada á pista exterior cuberta anexa ao pavillón aresá, teremos un avituallamento líquido e sólido ( froita, barritas,...), e celebraremos o xa tradicional sorteo de potentes cestas de Nadal entre os que cheguen á meta e entreguen o seu dorsal. A organización entregará un agasallo conmemorativo ( cáseque con seguridade será unha camiseta técnica), aos primeiros catrocentos inscritos, así como un gorro de Papanoel para levar posto na carreira ( a parte do color que lle da á proba tamén da calor...)
. Por suposto teremos duchas, taquillas, vestiarios, etc. Podedes confirmar máis datos da proba na páxina web da Federación Galega de Atletismo, que ademáis é onde vos podedes inscribir, facéndoo dende a Delegación Ferrolá no seu enlace. Agardámosvos a tod@s como dende hai seis anos, tempo no que temos chegadao a congregar a máis de 500 corredor@s de toda Galiza que veñen a pechar o ano deportivo con nós. saúdos.