Dom, 21 Nov 2010, 10:34
Asunto: Re: carreira do pavo de vigo
Me parece que este será el reglamento de la misma:
Regulamento
A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, coa autorización da Real Federación Española de Atletismo, có patrocinio do Concello de Vigo, e El Corte Inglés, organiza o 49º GRANDE PREMIO PEDESTRE DO NADAL (CARREIRA DO PAVO 2010) - TROFEO EL CORTE INGLÉS, a disputar o 19 de decembro en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices.
As carreiras disputaranse no circuíto urbano da Praza de Compostela e arredores, co seguinte programa: Hora Categoría Voltas Pequenas, Voltas
Grandes, Distancia a percorrer
10:30 Benxamín, ambos sexos
(Nados nos anos 2002-2003) 1Pq. 713 m
10:40 Alevín, ambos sexos
(Nados nos anos 2000-2001) 2 Pq. 1363 m
10:55 Infantil, ambos sexos
(Nados nos anos 1998-1999) 3Pq. 2013 m
11:10 Cadete, ambos sexos
(Nados nos anos 1996-1997) 2Pq. 1Gd. 2818 m
11:30 Xuvenil / Júnior / Veterana femenina
(Nados nos anos 1994-1995 e 1992-1993 / 35 anos cumpridos ou mais) 1Pq. 2Gd. 3623 m
11:50 Xuvenil / Júnior / Veterana masculina
(Nados nos anos 1994-1995 e 1992-1993 / 35 anos cumpridos ou mais) 2 Pq. 3 Gd. 5728 m
12:20 Promesa / Sénior femenina
(Nadas nos anos 1988-1989-1990 / 1987 e anteriores) 2 PQ. 2 Gd.4273 m
12:50 Promesa / Sénior masculina
(Nados nos anos 1989-1990-1991/ 1988 e anteriores) 1 5 7988 m
Os atletas veteranos poderán participar na carreira Promesa/ Sénior especificándoo na inscrición e non haberá premios para a categoría de veterano nesa carreira.
Poderán participar cantas persoas o desexen estean ou non federadas. As inscricións formalizaranse por escrito na Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo, rúa Luis Ksado, 17 - 36209, Departamento de Deportes 2ª planta de El Corte Inglés, por correo electrónico, ou por fax no 986 44 12 16, (facendo constar na mesma: nome e apelidos, ano de nacemento, equipo e nº de licenza no caso de atletas federados), o prazo para a inscrición péchase o día 16 de decembro ás 21 horas.
A organización obsequiará cunha camiseta a tódolos participantes.
Os atletas participarán cos dorsais que se entregarán unha hora antes do comezo do programa na Secretaría da Competición, situada na “Cafetería Alameda”, na mesma Praza de Compostela.
Concederanse trofeos o primeiro clasificado e lotes de produtos do Nadal os tres primeiros por cada categoría e sexo. Establécense ademais os seguintes premios para as carreiras Promesa/Señor en ambos sexos: un pavo á gañadora e gañador así como os
premios en metálico carreira masculina carreira feminina
1º 500 € 1ª 500 €
2º 250 € 2ª 250 €
3º 175 € 3ª 175 €
4º 100 € 4ª 100 €
5º 75 € 5ª 75 €
6º 50 €
7º 30 €
Esta proba forma parte do circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares
Todas as reclamacións deberanse formular de acordo co Manual da IAAF ou RFEA en vigor.