Lun, 20 Dec 2010, 15:51
Asunto: Re: Os olímpicos do copazo
Teño as pernas desfeitas do esforzo de onte, doénme máis q despois do bolazo do Monte Xalo, non recordo ter tantas agujetas dende as primeiras carreiras cando me doía todo ao día seguinte. De todas formas, moi contento coa carreira de onte, sen dúbida é a carreira de asfalto q máis me gusta de Galicia, sobre todo polo percorrido e por correr polo lado da muralla e para rematar por riba dela. Algo diferente e todo un luxo.
Para estar case 3 meses sen correr nada, a penas fixen 60 kms neles e levar máis de 2 semanas sen poder correr nada por culpa do xemelgo, quedei tremendamente sorprendido polo tempo, só 24 segundo máis q o ano pasado e perdínos todos na volta por riba da muralla onde me petou o xemelgo e tiven q baixar o ritmo. Eso sí, despois de moito tempo deino todo na carreira, cheguei sen un gramo de forza. Acordome q o ano pasado fun máis de relax e cando cheguei a meta e todo o mundo dicía q a subida da muralla se lle fixera durísima, eu pensaba q non era para tanto pero onte comprobeino de sobra ... menuda forma de sufrir na subida, desexando q chegara a baixada e na recta de meta desfondado mirando como me pasaban por un lado e por outro peña sprintando.
www.24gramos.blogspot.com