Xov, 23 Dec 2010, 0:26
Asunto: Re: Reflexiones de (hoy por hoy) un fracasado
Que lle vou contar Sr. Joaquin. Como directivo do Noitebra F.C. (fútbol e atletismo) levamos xa tempo preocupados non só en crear seccións e captar deportistas. O de buscar a continuidade dun club, da súa historia (o noso é pequeno en Santiago. Dá moito traballo sair adiante, e aínda non está claro o futuro a longo prazo), preocupámonos de sumar e ou/ dar relevos na xunta directiva para que a cousa non dependa só do noso presi, que xoven sí, pero que lle quinten o bailado.
Lastimosamente tamén tivemos que eliminar lastre da directiva, xa que só figurar non axuda en nada a ningún club, e é preciso saber onde se mete un e o que está disposto a achegar.
Afortunadamente, os poucos que estamos/quedamos, temos ideas, que pasan pola evolución dun proxecto deportivo cara un sociodeportivo, e mesmo educativo, que involucre á contorna, aos veciños, ás familias, aos amigos, etc.
Nós non pretendemos a élite, xa que non nos garante a continuidade, nin é o noso modelo, pero se o que facemos, o facemos medianamente ben, implicando á comunidade, logrando que participen, que se identifiquen co noso club... volvendo á esencia dos barrios (noutrora propia da nosa cidade), cremos que pode ser a mellor forma de evitar os illamentos e as loitas de cada un pola súa conta, sen apoios, como pode sucer en moitos casos...
Nos aínda estamos moi verdes, aínda estamos sos, pero temos ilusión, e despois de 10 anos vivos non deixaremos de traballar para seguir adiante.
Non é un camiño de rosas, pero nós esperamos ir dando forma a todo isto, e por suposto invitamos a todos os composteláns da nosa contorna (Castiñeiriño, Sar, O Eixo, Conxo...), e todos os que queiran, a sumarse ao noso club, e que non ten porque entrar en conflito de intereses con outras entidades da zona.
Non sei se isto é aplicable a outros clubs, pero pola miña experiencia noutros ámbitos, e como bo coñecedor do que me rodea, creo que a clave da supervivencia a temos diante dos fuciños ao saír pola porta da casa...