Sáb, 25 Dec 2010, 12:10
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)
Eu saín onte a correr un pouco... máis que nada para ver cómo iban os tobillos... ainda que finalmente o que fallou foi o peito... como na Carreira do Pavo... xa se ve que o parón de case un mes polo tobillo máis o que xa levaba de parón post-maratona (outro mes e medio máis) mandou o meu mediocre estado de forma a un exilio dourado. Moito me temo que vou ter que volver a traballar o fondo físico antes de darlle caña... o meu adestrador vaime matar porque mira que lle pido cambios ó pobre (dende logo con clientes coma min mal irían os adestradores... moito traballo e pouco resultado).
Sobre a
San Silvestre de Porto confirmo asistencia ainda que irei eu solo (sen a familia, me refiro) e por tanto solicito plaza no
CARMA BUS que haxa... máis ou menos coma
Linkin. Repaso páxinas e teño que retroceder dúas para ver cómo estaba o tema:
Coches para ir a San Silvestre de Porto.
Cada uno que se manifieste, para hacer el Carma-BUS.
Coche1:
Aguita
Pili
Andrea
Gerardo
Yolanda
Coche 2:
Canido
Beauvais
Linkin
Banderas
O que non sei ainda é quen ofrecera o seu coche. Eu podo levar o "grande" pero non sei cómo anda o das SCUTS e demáis... pero teño o VIA-T das autoestradas españolas... non sei se serve para algo en Portugal... que alguén se manifeste, por favor.
A min tamén me da o mesmo ir de mañan que de tarde, pero igual era máis axeitado saír con tempo... non sei... sigo á espera do que queira a maioría.