Sánchez escribió: |
Boas tardes!. Confirmarvos que unha vez pechada a lista dos 400 inscrit@s con dereito a agasallo, unha vez pechada a entrega de dorsais, si faltase alguén dos 400, procederiamos no remate da proba, a avisar para que os que están continuación ou sexa o 401,..... poidan recoller cadanseu agasallo ![]() ![]() ![]() |
Cita: |
Ás 11 horas concentración previa a saída da proba enfronte á Pista exterior do Colexio público de Ares, na Avda. Celso E. Ferreiro, dirixíndose camiñando rúa abaixo ata a intersección ca Avda de Mugardos onde procederase a dar a saída. Xiro a dereita en dirección ó paseo marítimo da vila de Ares, a través da Avda. de Mugardos, a partires de eiquí a proba discurrirá polo Paseo Marítimo da vila ata o Ponte da Ciscada, dende alí cruzará á Rúa do Mazote pola que seguirá ata entrar na AC130 en dirección a Mugardos pasando polo Alto de Simou, Avda. Francisco Yáñez Badía, e baixada pola Rúa dos Corzás ata chegar a Avda de Galicia, xirando á dereita e entrando pola Rúa María para ir baixando ata a rotonda do Peirao Mugardés, dende ali xiro á rotonda e subida pola Avenida de Mugardos, pasando polo fronte do consistorio ( punto de avituallamento líquido en carreira), e voltando a subir a dereita pola rúa dos Corzás para facer o mesmo pecorrido que na ida ata entrar en Ares pola Avenida de Mugardos e seguir por dita vía ata o cruce do Pavillón na Avda. Celso E. Ferreiro subindo ata a liña de meta situada na Avda. Celso E. Ferreiro ( enfronte acceso á colexio público da vila). Chegada e fin da proba, sendo as 11,55 horas. Avituallamento sólido-líquido. |
Sánchez escribió: |
Pois eu mesmo. ![]() A carreira sairá ás 11 da mañá, dende unha recta, que é a Avenida de Mugardos, xusto na baixada do pavillón deportivo e do centro escolar de Ares. Esta recta conduciranos atravesando Ares por un perfil sempre chan ata o paseo marítimo de Ares, tras percorrer uns trescentos metros de paseo, iremos ata a saída de Ares, ata a altura onde está situada a ponte romana de A Ciscada, para dende esa altura coller pola rúa do Mazote ata a intersección ca Avenida de Mugardos, que é a estrada que une as localidades de Ares Mugardos. Ata eiquí ,repito, perfil totalmente chan e uns 1500m de percorrido ![]() A partires de eiquí comezamos a subir primeiros trescentos metros suaves e logo xa uns 1200m. de subida forte ata o Alto de Simou ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() A secretaría da proba estará aberta dende as 8,30 da mañá, co fin de recollida de dorsais. Aos primeiros/as 400 inscritos/as por rigurosa orde de inscripción entergarémoslles unha camiseta técnica e un gorro de Papanoel no momento da recollida do dorsal. |