Ven, 31 Dec 2010, 20:14
Asunto: Re: Duatlón na Costa da Morte
Tedes que perdoar que non contestase antes pero é que andiven algo liado. Acabo de chegar da San Silvestre que fixemos en Baio e xa arreglamos algúns detalles con respecto ó duatlón.
Bueno, vamos por partes: en resposta a Jesús Bernal, pois si, pódese facer só o tramo a pé. Ten en conta que se trata dunha especie de adestramento en grupo. Quero dicir, que non hai trofeos (bueno, por haber igual non hai nin dorsais...). Vamos, que se vas vir ADREDE desde Ferrol, pois igual levas unha decepción porque non é unha carreira "tipo Corcubión"...
Con respecto ó día elexido, levamos facendoo así (ese día, quero dicir) desde hai uns cuantos anos porque é o único día no que "podemos coincidir" todos. Tede en conta que dos que tomamos parte na organización, por dicilo así, un é veterinario, outro policía, eu dou clases nunha academia etc. Vamos, que é ÚNICO día do ano que temos para estas cousas.
No que se refire ó percorrido, é moi sinxelo; un continuo sube-baixa pero sen grandes desniveis (o problema é o frio). Son uns 3 km de zahorra e o resto asfalto. Bueno, deixovos o meu número para aclarar calquer cousa: 629 77 20 99 (Pablo Mira)