Sáb, 01 Xan 2011, 22:12
Asunto: Re: Subida costiña de Canedo: 1 de Xaneiro
Menuda forma de estrear o ano, non fixo falta chips, nin inscripcions, nin cronometraxes, nin camiseta, tan so ganas e un par de zapatillas para intentar coronar a "costiña" de canedo no meu caso por primeira vez.
Moi bo ambiente e santa compaña, facilitou e moito a empinada subida.
Incluso houbo champan e duas tabletas de chocolate. Saudos a todos, os que subiron a pe e en bici e sobre todo a Saturnino por organizar esta entrañable e sacrificada subida.