Mar, 04 Xan 2011, 9:51
Asunto: Re: OBJETIVOS 2011
Para non variar moito, os obxectivos deste ano son:
1º Seguir desfrutando correndo.
2º Non lesionarme ou facelo o menos posible.
3º Rematar as dúas maratonas que teño previsto correr: Madrid e Bilbao.
4º Correr algunha proba de montaña/trail: Cross de O Corgo-Corrubedo, Ultra Geira Vía Romana, Cross de Penedos do Lobo e algunha do GMTA
5º Correr cantas medias maratonas poida (mentres non rompan moito os meus planos de adestramento).
6º Facer felices a outros corredores aportando o meu graniño de area nas carreiras organizadas polo meu clube.
7º Seguir facendo amiguiños e amiguiñas neste mundiño das "corridas" como dicen os compañeiros do outro lado do Miño