Mar, 04 Xan 2011, 20:31
Asunto: Re: Apoyan a E.T.A.
No punto 2 estou, si mo permites, en desacordo: falas dos recursos do Estado coma si os cartos que ten os sacara do Banco de España e non foran resultado do esforzo
conxunto de todos, vascos incluidos. O país vasco sempre aportou ao Estado mais ca o que recibiu, que non é incompatible con dicir que recibiu mais do que recibiu a zona onde ti vives. E o concerto económico vasco (que non foi un regalo do Estado, senón que se basea en normas consuetudinarias e no antigo dereito dos fueros vascos), permite que parte dos impostos recaudados se invirtan directamente no País Vasco. ¿Dis de que se independicen e que compensen económicamente ao resto de España por facelo? Habería que sacar a calculadora: non sei, ao mellor se independizaban e, aínda por riba, habería que darlles aínda mais cartos para quedar
'a pre'.
Non hai mais que dar unha volta polo País Vasco para decatarse do seu poder económico...
Eu non reclamo dereitos para os asesinos, pero si están condeados terán dereito a abrigo, comer, lavarse e vestirse como mínimo. Outra cousa sería outro tipo de dereitos, moi discutibles. Por exemplo, ¿sabías que, resumindo un pouco, os presos teñen 'mais' dereito ao traballo ca nós? Mira onde está cada artigo na Constitución e verás que para eles é un dereito fundamental, e para o resto é un principio rector. Un condenado en prisión pode 'esixir' que lle den traballo, e que cotizen por el na Seguridade Social. E cando sae do cárcere ten 15 días para ir apuntarse para cobrar o paro...
A última pregunta non a acabo de captar. Entendo que preguntas si os futbolistas firmarían o acercamento dos maltratadores asesinos ás victimas de violencia de xénero, ¿correcto? Eu entendo que eles firmarían (e eu tamén) o acercamento dos maltratadores ao seu lugar de orixe (xa que alí poden ter pais, irmáns, etc...). Si a víctima estivera morta, desgraciadamente, non se podería facer nada a ese respecto. Pero no caso de que a víctima de maltrato estivese viva, eu acercaría ao maltratador a unha cárcere cercana ao domicilio (non da víctima, senón del, si a vivenda compartida fose del), e prestaría axuda á victima para facilitarlle a residencia noutro lugar apartado da súa elección, mesmo algunhas leis (o EBEP) teñen en consideración o caso da violencia de xénero, facilitando a quen a sufre a posibilidade de recompoñer a súa vida de forma digna. E no momento que o maltratador saia do cárcero, mesmo temporalmente, unha pulseira GPS ou seguimento policial. Sería todo algo complexo (sobre todo no que respecta ao domicilio), pero trataría de facelo do xeito mais beneficioso e menos lesivo para a víctima. Espero que me poidera facer entender....
Saúdos.