Lun, 24 Xan 2011, 10:44
Asunto: Re: Cross de Boborás
Estupenda carreira a de onte en Boborás.
Percorrido impresionante, ó que eu non calificaría de duro, en absoluto. Unha mágoa que non proliferen máis este tipo de percorridos en máis carreiras. Coa cantidade de monte con bos camiños, erre que erre en meter tódolos percorridos por asfalto. Heche o que hai.
A organización, para min, perfecta. Eu non tiven ningún problema na recollida do dorsal (e eso que me despracei desde 100 Km), claro que ás 10 estaba alí.
O camiño estreito.... fermoso. Coma ben dixo algún foreiro, o percorrido é como é.
O das duchas, se é coma comentades, moito me temo que non é achacable á organización, senón á educación.
A sinalización impecable, e o avituallamento post carreira "EXCESIVO". Tanto correr para despois recuperar con intereses os gramos perdidos
Xa en serio, para min un dez á organización
En canto á miña carreira, pois regular

. Moi ben na subida (adiantei), e moi mal na baixada (adiantáronme). Na recta de meta esprintei con
Pajaroazul, e cando pensei que lle ía gañar, pasoume coma unha exhalación nos 10 m fináis.
Pleno do superequipo
In Extremis 
. Primeira carreira na que estivemos os 5 membros xuntos.
Un pracer saudar a
jesusb e
guti290971 que correu na modalidade de canicross.
Se non hai contratempos, o ano que ven repetirei.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es