Sáb, 14 Out 2006, 23:17
Asunto:
Ola:
Xa voltei do primeiro día da competicón, hoxe era a carreira longa e como eu non son moi esperto, pois pasoume de todo, como soe pasar cando estás nun medio tan impredecible.
Primeiro na presaída collín un mapa doutra categoría e cando cheguei a primeira baliza deime conta que os códigos non coincidían co cadro de descripción, logo entendín o erro e volta o comezo a cambiar o mapa, alá van 15 minutos para a primeira baliza.
Logo todo foi ben, agás algún momento en que me desorientei, era unha zona inmensa e non había referencias, pero seguín e rematei a proba con 2 horas e 30 minutos.
O matorral era tremendo teño as pernas cheas de espiñas dos toxos e das silvas e iso que levaba as polainas de orienta, hai que buscar outra solución, un pantalón de un material que non penetren as espiñas.
Clavei un pau que me traspasou unhas zapatillas que, a diferencia das de asfalto son moi duras e con tacos como as botas de futbol. Logo debeume picar un insecto, pensei que sería unha avispa, porque arrinquei unha do pantalón onde me picaron, pero agora vexo a perna como está e debeu ser outra cousa, bueno, cousas do oficio.
Ah os paraxes por onde pasamos moi fermosos, incluso nos puxeron algunha baliza nun muiño abandonado a veira dun regato.
Total unha experiencia apasionante, como sempre estas carreiras.
A ver se vos animades, dende logo que non vos habedes de aburrir. Esepero atoparvos axiña nunha destas carreiras, mañán a carreira de distancia curta en Teo, saída no campo de futbol de Recesende (Cacheiras) indicado dende a carretera de A Estrada. A ver se hai sorte e temos menos que contarvos.
Un saúdo a todas e todos.