Mincha escribió: |
Hoxe abriuse oficialmente a inscrición para o Bank of America Chicago Marathon que forma parte dos WorldMarathonMajors xunto a Boston, Londres, Berlín e New York e eu xa estou inscrito Supoño que este fío vai ser pouco utilizado e visitado pero a min faime moita ilusión xa que vai a ser o meu 3º WorldMarathonMajor. Agora teño que rematar a recuperación das miñas molestias e adestrar sen presa pero sen pausa para o 9 de Outubro. Alguén se apunta ?????????? |
outeiro55 escribió: |
Estuven no 2006. Moi boa organización. Totalmente chan. Percorre o downtown e logo o barrio chinés, mexicano,etc. A viaxe faise longa pero val a pena. A cidade e marabillosa. Da gusto adestrar pola beira do lago. Se, amáis che gusta a música, xenial. Sorte. |
banderas escribió: |
Eu animar animábame, pero teño 3 pequenos obstáculos que mo dificultan... ¿tes algunha idea de cómo podo "desfacerme" deles sen rematar en prisión? |
MapleLeafs escribió: | ||
Opción a: Donde viaja uno viajan cuatro Opción b: Una nueva Thermomix para la Señora |
MapleLeafs escribió: | ||
Opción a: Donde viaja uno viajan cuatro Opción b: Una nueva Thermomix para la Señora |
Mincha escribió: |
Recupero este fío que cando abrín xa supoñía pouco movido. Logo de casi un ano e despois de estar parado catro meses, comezar a adestrar pouco a pouco e de decidir non ir hai tres semanas aínda que volvín cambiar de opinión dous días despois, por fín, xa teño os billetes de avión e mailo hotel agardando por mín. Vou sen presión a tentar pasalo ben correndo, gozando da cidade, da música e duns días en New York despois para lembrar a aventura do ano pasado. O 9 de Outubro si todo vai ben estarei correndo o Chicago Marathon. |