Germanmd escribió: |
Hoxe disfrutamos dunha carreira caralluda, bo clima, bo ambiente e ademáis unha Organización de 10 . Todo estivo a pedir de boca, e nunca mellor dito posto que cuasi nos mandan xantados pra casa, gran despliegue. Seguide así que esta xa é unha clásica no calendario de innumerables correlegas. Graciñas por todo Organización i patrocinadores . |
Lois escribió: |
Gran vuelta a las carreras Hugo!!! Casi no te conozco al pasar... estas fino,fino!!! |
Marcos escribió: |
Estupenda carreira a de hoxe en Porriño. Polo clima, polo ambiente e pola gran organización. Mágoa que medio se me atragantara a carreira en sí (pouco entreno, e onte tiven a feliz idea de andar hora e media en bicicleta), porque o circuíto é para facer marca; chulo, chulo. Moitos foreiros ós que puden saudar: Cachofoucellas (desubicado o home), Banderas e Jesusb (que coma vaticinara no fío de obxectivos, gañoume ó sprint). Organización de 10. Os meus parabéns . Aínda que tiveron boa axuda dalgún membro da Pinga-Pinga que lles estivo botando unha man. O ano que ven haberá que repetir (pero con mellor entreno, claro). |
omega escribió: |
Ben, moi ben a organización! Ademais, a meteoroloxía xogou a favor e o perfil do percorrido é ben amable para os que gustamos das carreiras rápidas. Suspenso para os listos e as listas que, a sabendas, adornaron o seu vestiario cunha cor de dorsal que non lles correspondía, por exceso; con iso, prexudícase a boa labor da organización e moléstase aos atletas que, ademais de máis honrados, son tamén máis rápidos. Por último, mención para os soldaditos ehpañoles (y olé) da Escola Naval de Marín. A súa, digamos, marcialidade resulta incompatible co desenvolvemento da carreira en varios tramos; adiantalos ou, aínda peor, dobralos, convida, cando menos, a xurar en arameo (nos corazóns máis benevolentes); as letras das súas cancións (?), as mesmas de hai décadas, apestan ao machismo máis rancio, ao nacionalismo español máis noxento (perdón pola redundancia). Ten mérito completar dez, doce ou máis quilómetros berrando case sen parar coma o fan eles? Si, non hai dúbida; pero en fila india, por favor. E tampouco estaría de máis darlle un novo enfoque a tan racial repertorio artístico. |