Sáb, 28 Out 2006, 1:15
Asunto:
Andades finos de cara...o!!! Eu xa confesei o confesable... que si confeso o resto o Admin ten que poñer este fio no mesmo sitio que ese que por fin quedou na memoria (Este brindis vai por tí, Meju!!!
)... como digo eu... ¡¡¡Que me quiten o bailado!!!... non me arrepinto de nada... eu, ao contrario que
Elyana cando estudiaba (en Santiago, creo que xa vos fixestes unha idea por diversas mensaxes que andan por estes mundos de internete) facía o propio (estudiar e ir a clase, e á biblioteca, e aos exames) pero tamén o impropio (beber, fumar e fumar, e golfear, etc... e... todo canto "ilegal, inmoral o engorda" había a tiro de pedra)... iso sí, controlando non mesturar todo os mesmos días... e menos cando chegaban os exames. Era capaz de chegar de Vigo no tren e, coas mesmas maletas na man, acabar de farra ata altas horas da mañan no Paseo da Ferradura, ou na Praza da Quintana, ou nalgunha habitación... a miña primeira noite en Santiago remateina ás 8:30 da mañan do día seguinte na Rúa do Franco, 20, ático... menuda xentiña vivía nese piso... o millor da bohemia compostela... como quen dí entrei pola porta grande... menos mal que fun capaz de controlar... o problema da xeración actual é que o de "controlar" como que lles costa máis que á miña... e mira que teño desfasado... pero polo que percibo a sociedade está a cambiar en moitos sentidos... e neste caso non para ben, precisamente... en fin...este tema da para saír hacia moitos lados... e non sempre aos mellores "deste barrio" como dí a famosa canción do gato que era un artista.