Xov, 24 Mar 2011, 19:19
Asunto: Re: Diario de pablocrojo
Esto que vou a escribir a continuación non é un adestramento, pero é que necesito contalo para desafogarme...
Pois resulta que ía en bicicleta por Riestra, simplemente como forma de desplazamento dun lado a outro da cidade. Non ía moi rápido, e o chan estaba algo mollado por unha fina choiva.
Pois a cousa é que chegando ó cruce con Oliva, frenei para ceder o paso a un coche que viña de alí. A merda da pintura do paso de peóns fixo que a roda traseira esvarara como se fose en aceite, cruzóuseme toda a bici, e o intentar por o pé no chan, esvaroume de novo, coa conseguinte caída de cú, e non rompín nada de casualidade, porque abrín de pernas de forma moi brusca.
Agora dóeme o cú de carallo, e temo que me poida resentir para a carreira do cuvi, co ilusionado que eu estaba...
Espero que non vaia a máis a dor, pero de momento dóeme de collóns...
As cuestións son: de qué merda está feita a pintura dos pasos de peóns, que con catro gotas esvaran peor que aceite?, xa non é a primeira vez que me pasa...
Qué lle pasa á xente, que ven coma un tipo cae da bici, e se limitan a mirar?, nin unha persoa se dignou a preguntar se estaba ben, ou axudarme a levantarme...
Saúdos dooridos...
cospesnochan.blogspot.com/