xiamenfroi escribió: |
Sei que aínda faltan mais de 2 meses, pero debido a que Maio é un mes moi cargado de carreiras quixera planificar con antelación as que vou ir ese mes. Xa están a maioría incluídas no calendario, falta a MM de Betanzos. É de supoñer que será o domingo 29. Si alguén ten noticias ao respecto, agradeceríamos que nolo fixera saber. Saúdos. |
nikr0 escribió: |
Bueno, sen vir moito ó caso, ¿alguén me pode decir cal é a mellor MM de Galicia para facer marca? Atopei o perfil desta MM nun post do 2008 de Picapiedra http://www.mapmyride.com/routes/view/29311226/ , e vexo que o perfil non é nada cha. |
nikr0 escribió: |
Bueno, sen vir moito ó caso, ¿alguén me pode decir cal é a mellor MM de Galicia para facer marca? Atopei o perfil desta MM nun post do 2008 de Picapiedra http://www.mapmyride.com/routes/view/29311226/ , e vexo que o perfil non é nada cha. |
Jose72 escribió: |
Pois a media de Betanzos a día de hoxe está no aire. En caso de celebrarse si sería o derradeiro domingo de maio, coma tódolos anos. O problema que hai este ano é de cartos. O concello, case que un ano despois da derradeira edición, ainda non abonou a subvención que se comprometeu a pagar mediante convenio firmado co clube As Mariñas. Ademáis diso, tampouco pagou a subvención anual que lle da ós clubes deportivos do concello. Entre as dúas subvención, creo que son máis de 4000 euros. E habería que engadirlle a subvención para a nova edición Así que cousa está clara, si pagan o atrasado, se fai a deste ano, e senón, pois o clube non pode asumir ese volumen de gasto, e entre inscripción e axudas das empresas non se cubre o gasto da carreira Seguiremos informando de como van as cousas |
AveFenix escribió: |
A de Pontevedra é case toda plana e está homologada, por se necesitas a marca. A de Vigo (non a VigBai) é totalmente plana, pero este último ano non estivo homologada. |
Meicendán. escribió: |
A mín tampouco me importaría pagar unha cuota de inscripción si con eso axudamos a que se celebre a carreira e non se perda unha das mellores MM de Galicia... |