Lun, 14 Mar 2011, 10:52
Asunto: Re: Entrenar en Coruña
Olas,
pois outro q estivo onte no Carballiño disfrutando da carreira e do fermoso recorrido q nos preparon os organizadores do GMTA. Coindido coa maioría de q a carreira se me fixo máis dura do q pensaba, sobre todo pola subida antes do primeiro avituallamento e polos 2-3 kms extras co q nos agasallaron
Ademais, no meu caso tiven moi malas sensacións nos primeiros kms, saín totalmente frío, 5 min parados no tapón, mirei para atrás e non kedaba case ninguén detrás miña así q me acelerei demasiado na primeira subida e logo non fun capaz de coller o ritmo ata pasar o segundo avituallamento, cando xa a cousa suavizou e se podía correr máis cómodo.
Polo demais paseino moi ben, tanto na precarreira, a pesar de algúns problemas loxísticos e buscando solucións de urxencia con Repanocha dando unha volta pola casa rural e pola igrexa ao lado da saída
, como na postcarreira co almorzo q nos tiñan preparado q complementamos GasMan e un servidor con unhas boas racións de pulpo ... sería un pecado estar na terra e non probalo.
Hoxe, a verdade é q estou moi ben, a penas me noto canso aínda q me doe algo a rodilla polos saltos polas pedras pero muscularmente moi ben, nótase q non había baixadas pronunciadas q te deixan moito máis cascado.
PD: 35 kms para o Courel
. Aínda q seguramente non me anime hai q empezar a facer tiradas polo monte pq ao Xalo seguro q vou e onte notei q máis q fondo o q me falta e adestramento por monte. Mágoa q o 27 non estou en Coruña senón seguro q me animaba.
www.24gramos.blogspot.com